DEREITO Á CIDADE / Roteiro polo barrio das Atochas
Cal é o papel urbanístico do Estado na Coruña? Que dinámicas urbanas promove o PXOM? É posible a autoxestión de espazos e centros sociais? Como están a funcionar os soares e edificacións sen usos formais?
Este sábado 25 de setembro imos de roteiro polo barrio das Atochas para falar destes e doutros temas de actualidade xunto a Refuxios da Memoria e a Clínica de Casas (UDC).
Mapa do percorrido, das paradas e dos temas que se comentarán durante o roteiro:
POST-ROTEIRO:
En decembro de 2021, publicouse o artigo «Un roteiro polo barrio das Atochas na Coruña: cuestións urbanas arredor do dereito á cidade», unha achega ao libro Dereito á cidade: faladoiros e obradoiro de aprendizaxe-servizo, coordinado por Clínica de Casas (Hilda Cuba, Cristina Botana, Plácido Lizancos), GAM de vivenda da Coruña e Refuxios da Memoria.
O libro pódese descargar no RUC da Universidade da Coruña e a nosa achega (páxs. 16-36) é unha recompilación ampliada das notas realizadas para o roteiro polo barrio das Atochas desenvolvido o 25 de setembro: unha introdución a unha serie de elementos urbanos moi diversos a través dos cales se tratan diferentes aspectos do que sexa ou poida ser o «dereito á cidade» no século XXI.
Como parte do artigo, tamén se publicou un mapa do roteiro onde se representan o seu percorrido, as paradas realizadas e os temas comentados en cada unha delas:
Sin comentarios
Sin comentarios todavía