site

Archivos de la categoría:   Sin categoría

O que persiste na noite-noite

FOTOGRAFÍAS_28-29_04_2025_Ergosfera


Vinte imaxes da noite de onte nun paseo entre as 23:30 e as 02:00 h en busca da vida urbana e as luces persistentes da Coruña durante o apagamento xeral da península ibérica.


Unhas notas da experiencia:

– O incrible impacto dos locais de hostalaría con xente no interior ou nas terrazas (observáronse dous abertos ao público e cinco con reunións que parecían privadas pero visibles desde a rúa): auténticos oasis de comunidade que interrumpían a escuridade e o silenzo coa civilización. A vontade de pasar esta excepcionalidade non só en compañía, senón en común ou en público, de todos os cidadáns que estaban nestes lugares tomando algo, falando, rindo, xogando ás cartas ou escoitando a radio, facía habitable unha zona da cidade delimitable exactamente polo alcance das súas luces e sons.

– Aínda que se observou algo de actividade na praza de María Pita (un grupo de xente con mesa e cadeiras tendo unha reunión-pícnic no medio da praza), no Obelisco (nos bancos fronte ao edificio da Once, o único coa iluminación habitual e cunha potencia como para habilitar o uso do espazo público ao seu arredor) ou nas praias do Orzán e Riazor (onde varios grupos de xente nova reuníanse fronte á impoñente paisaxe da baía estrelada), o lugar onde se observou unha actividade social máis intensa foi sen dúbida a praza das Conchiñas, onde se reunían decenas de pequenos grupos de persoas arredor da linterna dun teléfono e desde onde se xeraban uns fluxos de xente relevantes (mínimos nun día normal, pero extraordinarios durante un apagamento xeral) que eran perfectamente percibibles nas rúas dos arredores: As Conchiñas era así un auténtico nó urbano co que onte non se podían comparar espazos da máxima centralidade como a praza de Pontevedra. Se ben durante todo o paseo víronse varios vehículos policiais polas rúas, esta praza foi ademais o único lugar onde se observou a entrada dun deles facendo o que parecía unha rolda de control e parando para falar con algunha persoa por motivos descoñecidos: ao fío da polémica comparativa de hai uns días en #LaVozMiente, en termos de control policial ás persoas aparentemente de orixe migrante, si hai similitudes entre Lavapiés en Madrid e os barrios entre as roldas na Coruña.

– A xenerosidade da vida urbana no Agra do Orzán tamén se explicitaba no feito de que, aínda que en case todos os barrios atravesados víanse persoas asomadas ás fiestras e balcóns (o espazo público como entretemento -de novo-, o que sempre achegaba urbanidade, seguridade e riqueza á experiencia urbana), só neste barrio observáronse múltiples interactuacións entre as persoas que miraban e as que pasaban pola rúa: chamadas nai-filla para que volva a casa, iluminacións con linternas ou focos potentes (tanto desde a rúa para que abran a porta ante a falta de chaves e timbre, como desde os edificios para iluminar a rúa ante o paso de peóns), comentarios de ánimo ou de broma pola situación extraordinaria (que representaban e reforzaban a idea de que se estaba a vivir algo colectivo), sons de conversacións desde as casas coas fiestras abertas (que sen o ruido de fondo urbano acadaban unha nitidez moi alta), xente falando directamente de ventá a ventá, etc. Ante a inexistencia e a invisibilidade da actividade urbana na cota cero, as tenues luces das vivendas e a xente asomada facían que as tres dimensións da cidade foran moito máis explícitas, adquirindo unha condición non só formal senón sobre todo social.

– Ademais da Torre de Hércules, como gran punto lumínico de estabilidade histórico-urbana percibible desde moitos barrios da cidade, e varios edificios portuarios, que tamén representaban ao público nesta situación extrema, as únicas luces en funcionamiento e cun impacto de escala urbana eran as dos sinais dos aparcadoiros subterráneos, xa que estaban presentes nalgún punto en case todos os barrios atravesados, co que esta singularidade, ao estar distribuída pola cidade, percibíase como un elemento de rango público. Neste sentido, tamén en relación á mobilidade é reseñable que a forma de iluminación principal nas rúas eran os vehículos que, ao seu paso, desprazaban os momentos de visibilidade pública pola cidade.




* A mala calidade das fotografías derívase de que foron realizadas co teléfono móbil (un Redmi Note 12 Pro) e sen ningún sistema de estabilización, de aí que non se poidan compartir moitas outras imaxes nas que é imposible percibir nada aínda que documentaban o resto de situacións comentadas nas notas.

** Mapa do percorrido realizado, aquí.


Sin comentarios

UNO MENOS PARA LOS BUENOS…

Antes de ayer murió Dalda.
Un tipo que nos enseñó a muchos que las noticias y los conocimientos importantes sobre la ciudad no aparecen cada mes en las revistas de arquitectura y urbanismo, sino cada día en los periódicos y en nuestras propias vivencias personales.
Un tipo que sabía perfectamente lo pequeños que somos con respecto a los tiempos de la ciudad, y aún así, sólo contemplaba la posibilidad de intentar una y otra vez que la razón convenciera a la realidad.
Un tipo que le daba sentido a la palabra profesor y al tópico de que la universidad es un lugar para aprender a aprender; de esas poquísimas personas que desprenden ilusión y contagian la curiosidad por lo que sea sin perder ni un gramo de rigor; de esas poquísimas personas que consiguen dar argumentos de forma que los debates no se cierren hasta que todos ganen algo nuevo.
Si alguna vez no podías ir a su clase te jodía. Por la clase, y por la sensación de infinitas ganas de hacer algo con las que salías de ella. Ayer fue la última clase y, a pesar de la cabronada que representa esta noticia, salí con las mismas ganas.
Muchas gracias por no llevarte nada.
Por ser tan generoso con lo que sabías y dejárnoslo a los demás.


5 comentarios