Archivos de la categoría: [ 2020 ] RESIDENCIAS DE MAIORES
PENSAR, HABITAR, SUBVERTER. AS PERSOAS MAIORES E A CIDADE / Facultade de Socioloxía – UDC, 13/10/2021
Este mércores 13 de outubro, a partir das 16:30h na sala 1.2 da Facultade de Socioloxía da UDC, desenvolveremos o seminario PENSAR, HABITAR, SUBVERTER. AS PERSOAS MAIORES E A CIDADE, unha actividade de acceso aberto na que se tratarán dúas cuestións urbanas moi concretas sobre a relación entre as persoas maiores e a cidade:
- Na primeira parte, se explicará o proxecto de investigación sobre as residencias de maiores na área urbana da Coruña que comezamos durante a crise da COVID-19, unha análise desde a perspectiva urbana do modelo de residencias que se ten desenvolvido nas últimas décadas.
- E na segunda parte, introduciremos unha análise inicial sobre as prácticas urbanas autónomas ou informais das persoas maiores centrada en cinco casos moi populares: sentarse na entrada da casa, reunirse na marquesiña do bus, mirar obras, alimentar e coidar animais liminares e cultivar hortas.
O seminario forma parte da materia Cambios Sociodemográficos e Territoriais do Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) da Universidade da Coruña e está organizado polo profesor Carlos Diz, ao que lle agradecemos moito a invitación.
A sesión non quedou documentada, pero compartimos a continuación as imaxes empregadas. As da primeira parte se poden consultar na páxina web do proxecto sobre as residencias de maiores na área urbana da Coruña, e as da segunda son as seguintes:
Sin comentarios
AS RESIDENCIAS DE MAIORES NA ÁREA URBANA DA CORUÑA
Desde o 1 de abril deste ano estamos a desenvolver un proxecto de investigación sobre as residencias de maiores na área urbana da Coruña. Todos os materiais producidos como parte deste traballo se poden consultar na páxina web do proxecto, aquí.
Sin comentarios