ROTEIRO POR ORTIGUEIRA / VII Xornadas de Bioconstrución / 18-09-2022
Este domingo 18 participaremos nas VII Xornadas de Bioconstrución organizadas por ESPIGA (Asociación Galega para a Bioconstrución) cun roteiro comentado por Ortigueira (entre as 11:40h e as 14:00h).
Durante o percorrido do roteiro comentaremos varias pezas, formas e procesos urbanos representativos dalgúns dos debates sobre a urbanidade galega contemporánea: as estradas-rúa, os tecidos urbanos de edificación descontinua ou os usos informais do abandonado (polos usos formais) desde unha perspectiva optimista sobre o que hai, é dicir, sen desbotar de partida a posibilidade da aparición do sublime nun esquelo estrutural, unha pasarela sobre a vía do tren ou o aparcadoiro do Gadis.
As xornadas son de balde pero é preciso a inscrición previa, aquí.
Sin comentarios
Sin comentarios todavía