site

Archivos de la categoría:   ( RDS )

MAPA CRÍTICO DE GALIZA 2012 / Rede de Dereitos Sociais + Galiza Non Se Vende

galiza_mapa_critico

[ PDF ]


Comments are off for this post

RETOMAR O PÚBLICO, DEFENDER O COMÚN

retomar-o-publico_defender-o-comun


Comments are off for this post

REPENSAR O MOVEMENTO / v27 + s28 / CS Atreu! [Rede de Dereitos Sociais + Nomepisesofreghao]

repensar_movemento

Sen dúvida, estamos nun momento de impase, de cambio de ciclo. Os mecanismos de control e dominación do sistema capitalista están transformándose no marco global e semella que a escala cidade pode ser unha das máis acaídas para armar e rearticular respostas desde os movementos sociais. Poren atopámos que, desde os espazos activos da cidade non acostumamos artellar momentos onde reflexionar e discutir colectivamente da memoria viva das nosas propias experiencias. Atopamos tamén, serias dificultades para superar o guetto, construir redes e tecer alianzas que sexan quen de mostrarse como forzas constituintes, como actores sociais de referencia na cidade. Somos conscientes que a nosa vontade de articulación é necesariamente proporcional a nosa capacidade de influencia. De aí este chamado da RDS e de Nomepisesofreghao ao debate e a discusión colectiva, de aí este chamado a ‘repensar o movemento’.



Venres 27

[20:00] Patio Maravillas + Iván Miró (Assemblea de Barri de Sants)

Sábado 28

[10:30] 1_Territorio/medioambiente
introduciran o debate activistas de:
Arquitect@s sen Fronteiras + Zocaminhoca + RDS + AVV Elviña Os Rexumeiros

[12:30] 2_Modelo organizativo
introduciran o debate activistas de:
Nomepisesofreghao + Zocaminhoca + Universidade Invisíbel + RDS

[14:30] xantar

[16:00] 3_ Produción cultural
introduciran o debate activistas de:
Ergosfera + García MC + José Manuel Sande + Sweena

[18:00] 4_ Acción na cidade
introduciran o debate activistas de:
RDS + COG + Coordenadora Crentes Galegos + movemento LGTB Queer

As xornadas terán lugar no CS Atreu! (travesía San Xosé 2 baixo)

Organiza: Rede Dereitos Sociais + Nomepisesofreghao


Comments are off for this post

DEREITO Á CIDADE!

rds_centros-comerciais

dereito á cidade!

“As grandes superficies comerciais: realidade e consecuencias. 13 pasos que destrúen unha cidade”

dereitoacidade.blogaliza.org


Comments are off for this post

DEREITO Á CIDADE: URBANISMO E CORRUPCIÓN / RDS

urbanismo-e-corrupcion


Comments are off for this post

Xornada POLÍTICA MUNICIPAL E MOVEMENTOS SOCIAIS

poltmunmmss_web

Venres 18 de Marzo. 20:00. Casa Museo Casares Quiroga.

Debate colectivo con Gemma Ubasart, autora do libro “Construint municipi des dels moviments socials” e Xosé Manuel Carril, candidato nas vindeiras eleccións municipais na Coruña.


Comments are off for this post

COMUNICACIÓN E PODER

comunicacionepoder1


Comments are off for this post

Presentación del libro DESEO DE CIUDAD. ARQUITECTURAS REVOLUCIONARIAS

desexo-de-cidade-blog

JUEVES 17 de FEBRERO de 2011 / 19:00 / Delegación de A Coruña del COAG

organiza = RDS [Rede de Dereitos Sociais]
colabora = COAG [Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia]


Comments are off for this post

JORNADAS DE DEBATE Y AUTOFORMACIÓN ORGANIZADAS POR LA RDS (REDE DE DIREITOS SOCIAIS)

cartel_jornadas_rds

DECRECIMIENTO
el martes 15 de junio, a las 20:30, en el C.S.Atreu! (Monte Alto, A Coruña)
con la participación de Carlos Taibo

ECONOMÍAS ALTERNATIVAS
el sábado 19 de junio, a partir de las 11:00, en el C.S.Atreu!
con la participación de Raúl Asegurado y Paula Lubián

SOBERANÍA ALIMENTARIA
el domingo 27 de junio, a partir de las 11:00, en el Centro Cívico de Feáns (A Coruña)
con la participación de Enrique Banet (Fundación Galicia Verde)

[ + información ]


Comments are off for this post

OBRADOIRO CON ICONOCLASISTAS / Rede de Dereitos Sociais

obradoiros-iconoclasistas

Os ICONOCLASISTAS chegan á cidade para coordinar o MARTES 15 e MÉRCORES 16 un obradoiro que ten como finalidade a elaboración dunha proposta de Cartografía Crítica de Galicia. A presentación será na Escola de Arquitectura de A Coruña e levarase a cabo no Centro Social Atreu!. A iniciativa parte da RDS/Rede de Dereitos Sociais, quen dirixe o obradoiro.


Comments are off for this post

ESIXIMOS O DEREITO Á CIDADE!

manifesto_dereitoacidade

esiximos o dereito á cidade!

“O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica”

dereitoacidade.blogaliza.org

Persoas individuais, colectivos culturais e sociais, asociacións veciñais e diversos espazos da sociedade civil coruñesa queremos manifestar a nosa disconformidade rotunda, ante a aprobación inicial (unilateralmente acordada desde o concello da Coruña incluso co informe desfavorable da XUNTA) dun PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), que se materializaría na formulación dun modelo de cidade insostible, laboral, ecolóxica e socialmente falando.

Expresamos a nosa disconformidade en forma de esixencia do Dereito á Cidade. Unha cidade, a de todas e todos, necesitada de procesos de diálogo social real, recibe un plan xeral inconcreto, escuro, dificilmente comprensible e contrariamente do que se quere facer ver, cun elevado déficit no que a participación e debate cidadán se refire.

A exclusiva presenza de administracións-partidos e centros de decisión económicos privados (lobbies económicos e grande empresariado da cidade) marca a ausencia dunha formulación dialogante e participativa cunha sociedade civil activa e recoñecible (asociacións culturais e sociais, agrupacións de profesionais, asociacións veciñais, colectivos de base,..) non tida en conta e francamente ausente do proceso de creación deste importantísimo plan de ordenación municipal. Un PXOM que demarca as liñas que dentro do termo “modelo de cidade” marcarán o futuro social, económico, cultural e ambiental da cidade. Grazas ao que lemos neste PXOM o futuro desta cidade semella inconsciente e francamente en suspenso.

Que modelo produtivo (económico) impón o PXOM?

O modelo de cidade terciaria que pretende, fala dun esquema insostible e irreal laboralmente falando, no que se substitúe un sistema produtivo máis heteroxéneo e diversificado por outro baseado en dous eixos de elevado custo ambiental e difícil consolidación económico-produtiva.

Primeiro, un ilóxico tecido de grandes superficies comerciais que socavan o pequeno e mediano comercio ,entregando ás traballadoras e traballadores a elevadas doses de precariedade laboral e impoñendo á cidadanía un modelo de consumo irracional moi por riba das demandas actuais e futuras da área metropolitana.

Segundo, un porto exterior (sobre o que pivotaría segundo o PXOM e o seu autor, Joan Busquets o tecido industrial e o futuro económico da cidade) tecnicamente cuestionado por persoal experto, administracións e cidadanía, sen uns orzamentos rigorosos e realistas, e dependente do proceso especulativo da venda dos peiraos do porto industrial actual; unha venda bloqueada polo estoupido da burbulla inmobiliaria nunha cidade onde o 15% das vivendas están actualmente baleiras.

Que modelo urbano (ambiental, territorial, social..) impón o PXOM?

O PXOM fala de “restablecer a relación co medio natural” algo que vai en clara confrontación coas directrices marcadas en relación á creación de novos recheos, megainfraestruturas, ou novos polígonos industriais e residenciais.

As grandes bolsas de zonas verdes nomeadas polo Plan dependen en gran medida de concellos limítrofes, algúns dos cales xa manifestaron a súa indispoñibilidade ante as intencións do municipio capitalino.

Tamén podemos afirmar que o que se supón un dos seus eixos centrais (a creación de vivendas de protección) é fume co que tratar de lexitimar e dar un marco institucional ao proceso de formalización de polígonos urbanizables (e Convenios de última hora e dubidosa formulación) onde a especulación e a xentrificación con actores privados serán o principal elemento urbanizador dunha cidade xa tremendamente densificada.

Por outra banda, unhas infraestruturas que na realidade violentan a cidade peonil (fraccionándoa con autoestradas como a terceira rolda que a illan fisicamente) para dotar principalmente de comunicación a empresas privadas (radicadas esencialmente en grandes centros comerciais e polígonos industriais de futura construción) e apoiar un modelo de transporte onde, de seguirmos co sistema de mobilidade en uso non solucionaremos os problemas de saturación automobilística. Deberíase solucionar as carencias dunha área metropolitana sen alternativas reais de transporte público, e con hexemonía absoluta e dependencia total do vehículo particular co custo de tempo, económico, e ambiental que isto require.

Outra carencia do PXOM é o tratamento ineficiente ou vago do tecido rural; a única alternativa para os núcleos rurais existentes no termo municipal é a de ser fagocitados polo tecido urbano, sen posibilidade de hibridación e enriquecemento mutuo. No mellor dos casos vemos unha conservación dos núcleos tradicionais en tanto elementos históricos, mais destrúese ou ignórase o territorio que lles dá sentido. Por si mesmo ese territorio ten un valor cultural e ecolóxico, en tanto que son territorios sustentables sempre que se potencie, entre outros, o seu uso primario que agora está en decadencia tanto pola dificultade para poder vivir do cultivo destas terras como pola especulación do que é obxeto.

Por último, falamos dun documento que segue sen abordar a solución que dende as políticas sociais, merecen os mal chamados asentamentos marxinais, e as persoas que os habitan.

En definitiva, a cidadanía da Coruña, activa e propositiva, esiximos participar no modelo concreto (rúas, barrios, comunidades…) e xeral de cidade.

Esiximos cauces democráticos de debate participativo sobre como queremos construír o noso ecosistema urbano porque buscamos ter a oportunidade de facer desta cidade un territorio realmente habitable, sustentable e tolerante.

Esixímolo Aquí e Agora.


Comments are off for this post

CARTOGRAFÍA CRÍTICA / RDS

rds_cartografia-critica-1.jpg

rds_cartografia-critica-2.jpg

Ya ha salido del horno la primera versión de la Cartografía Crítica de la ciudad que se está desarrollando desde la Rede de Dereitos Sociais (RDS). Como vereis se trata de un trabajo espectacular que sienta las bases para un proceso de mapeado de las “otras” realidades urbanas. Y sobre todo, que permite imaginar los huecos donde infiltrar iniciativas propositivas políticamente autónomas y basadas en plantemientos urbanísticos más ambiciosos que los que nos ofrecen unas administraciones públicas demasiado limitadas intelectualmente. Desde aqui os damos la enhorabuena a todos los que habeis hecho realidad este boceto de herramienta de acción, al que esperamos aportar lo que sea posible, y del que estamos seguros vamos a sacar partido para poner en crisis los mecanismos académicos con los que operar sobre lo urbano.


1 comentario

jornadas de presentación y debate RDS [RED DE DERECHOS SOCIALES]

rds.jpg

ESTA SEMANA [ MIÉRCOLES, JUEVES Y VIERNES / 20:00 / C.S.ATREU! ] SE PRESENTA Y SE DEBATE EL PROYECTO RDS [ RED DE DERECHOS SOCIALES ]:

CRIANDO REDES: CONSTRUINDO DIREITOS NA CIDADE

“Caminhando cara a umha Rede de Direitos Sociais (RDS)”

>>> PALESTRA EIXO MIGRAÇOM > mércores 14 janeiro 2009 / 20.00 / C.S.Atreu!

– Montse Golías – Grupo de investigaçom ESOMI Universidade da Corunha

– Papa Diop – Asociaçom de Senegaleses/as Aseser Teranga

>>> PALESTRA EIXO GÉNERO > joves 15 Janeiro 2009 / 20.00 / C.S.Atreu!

Nomepisesofreghao

Maribolheras Precárias

>>> PALESTRA EIXO TERRITORIO > venres 16 janeiro / 20.00 / C.S.Atreu!

Activistas da Rede A Ria Nom Se Vende (Vigo)

C.S.ATREU! / SAN XOSÉ 2 / ATOCHAS – MONTE ALTO / A CORUÑA


Comments are off for this post