site

Archivos de la categoría:   Eventos

LAS CIUDADES Y SUS TESIS 1970-2020 / Exposición: 29-09-2023 no COAG / Encontro: 30-09-2023 na ETSAC

LAS CIUDADES Y SUS TESIS 1970-2020

Este venres 29, ás 19:30 h na Delegación da Coruña do COAG, inaugúrase a exposición Las ciudades y sus Tesis 1970-2020 e o sábado 30 pola mañá participaremos nun encontro coordinado por José González-Cebrián na biblioteca da ETSAC xunto a Enrique Seoane, Jorge Rodríguez e Cristina Botana cunha pequena presentación titulada “Que se pode investigar mentres non se fai unha tese sobre a cidade contemporánea?”.


LAS CIUDADES Y SUS TESIS 1970-2020

< PROGRAMA DAS XORNADAS >


Sin comentarios

COMUNIDADES Y PERIFERIAS / A Fonsagrada / 19-22 de setembro de 2023

COMUNIDADES Y PERIFERIAS

Este xoves 21 participaremos no seminario COMUNIDADES Y PERIFERIAS organizado polo DEPARQ na Fonsagrada (Lugo).

A nosa intervención, ás 19:00 h no salón de actos, consistirá na presentación dos resultados do proxecto Magia posmoderna en Carabanchel. Comunidades subalternizadas, periferias urbanas y espacios globales, desenvolvido desde xuño deste ano* grazas a unha residencia artística de investigación #Ey!MAD organizada por #Ey!Studio que nos permitiu facer traballo de campo durante un mes en Carabanchel (Madrid).

Moitas grazas a Federico López Silvestre e a Miguel Anxo Rodríguez pola organización e a invitación!

* Aínda non compartimos os materiais producidos como parte deste proxecto na nosa páxina web porque levounos moito máis tempo do previsto organizar toda a documentación recompilada durante ese mes de traballo de campo. Un proxecto que comezou tentando ser un pequeno avance na liña de investigación McDonald’s: o lugar fronte á metáfora, rematou sendo unha grande oportunidade para continuar a liña de traballo Degradación-Exterioridade-Emerxencia, así como para o estudo de moitos outros aspectos da cidade contemporánea en relación aos usos populares que acollen os territorios periféricos.


COMUNIDADES Y PERIFERIAS

< PROGRAMA DO SEMINARIO >


Sin comentarios

TEJER OTROS ENTRAMADOS CULTURALES / Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela / 24 de maio de 2023

Tejer otros entramados culturales

Este mércores 24, na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, participaremos xunto ás xentes do FabCity Yucatán (México) e do VermisLab e Maker Faire Galicia no seminario TEJER OTROS ENTRAMADOS CULTURALES organizado pola rede YUCUNET. Inscrición libre, presencial e en liña.


Tejer otros entramados culturales

Ademais de participar na mesa redonda PARTICIPACIÓN, COCREACIÓN Y CIENCIA CIUDADANA, faremos unha pequena presentación dos proxectos Cousa de Elviña (2016), Co urbanismo nos talóns (2017-18) e Entre frontera y lugar: ¿cómo funcionan los límites del distrito de Usera? (2018-19).


< PROGRAMA DO SEMINARIO >


Sin comentarios

ROTEIRO POLA PEGADA MIGRATORIA NA CORUÑA / EuMIGS Winter Workshop / Martes 28 de febreiro de 2023

EuMIGS Winter Workshop


O próximo martes 28 de febreiro guiaremos un roteiro pola pegada migratoria na Coruña como parte das actividades do EuMIGS Winter Workshop, un encontro da rede europea de mestrados de migracións organizado polo Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) da Universidade da Coruña (UDC).

A asistencia é libre, con saída desde a rúa Barcelona xunto ao mercado das Conchiñas ás 19:30h, e os comentarios serán en inglés ao tratarse dun encontro internacional.


MAPA DO PERCORRIDO E DAS PARADAS DO ROTEIRO:



Sin comentarios

XENTES, ESPAZOS E LUGARES: A CONSTRUCIÓN COLECTIVA DO HABITAR / Museo de Belas Artes da Coruña / 10, 17 e 24 de novembro de 2022

TERRITORIOS


O próximo xoves 10 de novembro participaremos xunto a Cristina Botana e Rurban na primeira sesión do seminario XEL – Xentes, Espazos e Lugares, organizado por Arquitectura Sen Fronteiras Galicia como parte do ProxectoTERRA e titulado nesta segunda edición A construción colectiva do habitar.

As tres sesións do seminario son de acceso aberto e se celebrarán os xoves 10, 17 e 24 de novembro a partir das 18:00h no Museo de Belas Artes da Coruña.

Toda a información sobre o seminario está dispoñible na páxina web do COAG.


Sin comentarios

ROTEIRO POR ORTIGUEIRA / VII Xornadas de Bioconstrución / 18-09-2022

BIOCONSTRUCIÓN NO MEDIO URBANO


Este domingo 18 participaremos nas VII Xornadas de Bioconstrución organizadas por ESPIGA (Asociación Galega para a Bioconstrución) cun roteiro comentado por Ortigueira (entre as 11:40h e as 14:00h).

Durante o percorrido do roteiro comentaremos varias pezas, formas e procesos urbanos representativos dalgúns dos debates sobre a urbanidade galega contemporánea: as estradas-rúa, os tecidos urbanos de edificación descontinua ou os usos informais do abandonado (polos usos formais) desde unha perspectiva optimista sobre o que hai, é dicir, sen desbotar de partida a posibilidade da aparición do sublime nun esquelo estrutural, unha pasarela sobre a vía do tren ou o aparcadoiro do Gadis.

As xornadas son de balde pero é preciso a inscrición previa, aquí.




ACTUALIZACIÓN   |   19-09-2022


IMAXES do roteiro   |   Instagram


MAPA do roteiro   |   Google Maps



Sin comentarios

Otros ritmos en la ciudad: prácticas urbanas autónomas o informales de las personas mayores / IV DES-ADARVE / 13-09-2022 / Real Casa de la Misericordia (Tudela)

Otros ritmos en la ciudad: prácticas urbanas autónomas o informales de las personas mayores


El próximo martes 13 de septiembre, a las 18:00h en la Real Casa de la Misericordia (Tudela), participaremos en el IV Certamen de Arte Efímero de Tudela Des-Adarve con una presentación titulada “Otros ritmos en la ciudad: prácticas urbanas autónomas o informales de las personas mayores”, una continuación del trabajo compartido el año pasado en el encuentro Pensar, habitar, subverter. As persoas maiores e a cidade, así como del proyecto As residencias de maiores na área urbana da Coruña (2020-2021).


INTRODUCCIÓN:

Las actividades urbanas al margen de las lógicas del estado y del mercado no son una cuestión vinculada exclusivamente a la juventud, la precariedad o el posicionamiento político antisistema, sino fugas que atraviesan a las sociedades y que cada colectivo generacional, cultural o de clase puede interpretar y desarrollar a su manera. A partir del estudio de una serie de casos muy populares (como sentarse en la entrada de la casa, reunirse en la marquesina del bus, mirar obras, alimentar y cuidar animales liminares o cultivar huertas), así como de otros más singulares, pero igualmente significativos, esta presentación será una introducción a las prácticas urbanas autónomas o informales de las personas mayores: a sus formas de materializarse, a los debates y conceptos con los que dialogan y a sus impactos en la riqueza de la vida urbana contemporánea.


Sin comentarios

ARQUITECTURA SITUADA Y PRÁCTICAS ARTÍSTICAS PARA LA NEW EUROPEAN BAUHAUS / 09-06-2022 (19:00h) / Auditorio COAM (Madrid)

Arquitectura situada y prácticas artísticas para la New European Bauhaus


El próximo jueves 9 de junio participaremos en el encuentro Arquitectura situada y prácticas artísticas para la New European Bauhaus, uno de los eventos paralelos del Festival de la Nueva Bauhaus Europea organizado por Intermediae / Matadero Madrid y el Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM).

Junto a Estelle Jullian, Carmen Haro, Natalia Balseiro y Zoe López Mediero, debatiremos sobre metodologías y prácticas de intervención urbana en la línea de las directrices de la Nueva Bauhaus Europea, un nuevo programa de la Unión Europea del que se está hablando mucho últimamente (entre otras cosas, porque va a implicar la aparición de importantes posibilidades de financiación para proyectos de todo tipo), pero en el que aún está por definir qué significarán exactamente y cómo se implementarán y evaluarán sus tres conceptos u objetivos base de “sostenibilidad, estética e inclusión”.

Teniendo en cuenta la imprevisibilidad de las políticas de la Unión Europea, quizás en este momento inicial aún se pueda trabajar para que este nuevo programa no siga la misma deriva que parecen estar llevando los Fondos Next Generation en general, sino que implique nuevas oportunidades para la investigación y la intervención urbana en términos democráticos, de interés público y con la concurrencia de los sectores independientes de las lógicas de las grandes empresas.

Además del interés del tema y de que siempre es un placer participar en foros de debate con gente admirada, estamos muy contentos porque desde la organización nos han pedido que nuestra intervención inicial sea una breve introducción a dos trabajos que no hemos tenido muchas oportunidades para contar hasta ahora (y es un lujo poder dedicarle tiempo a revisar los proyectos pasados unos años):

– Por una parte, el proceso para la reorganización del municipio de A Coruña en distritos, realizada entre 2015 y 2016 para el Ayuntamiento de A Coruña.

– Y por otra parte, el proyecto Entre frontera y lugar: ¿cómo funcionan los límites del distrito de Usera?, desarrollado entre 2018 y 2019 como parte del programa Mirador Usera de Intermediae / Matadero Madrid.




ACTUALIZACIÓN   |   13-06-2022

– VÍDEO DEL ENCUENTRO:


Sin comentarios

ARTE E ACTIVISMO NO ESPAZO PÚBLICO / 23-04-2022 (17:00h) / CSA A Hedreira (Lugo)

ARTE E ACTIVISMO NO ESPAZO PÚBLICO

Máis información no Instagram ou no Facebook do CSA A Hedreira


* A nosa intervención previa ao debate, titulada A comunicación informal na cidade: soñan os graffiti con ser pintadas? é unha introdución aos temas tratados nun artigo publicado en 2019 co mesmo título e dispoñible aquí: La comunicación informal en la ciudad: ¿sueñan los grafitis con ser pintadas?


Sin comentarios

sola_s + CUIDADOS / Madrid, 02-10-2021

SOLA_S+CUIDADOS

sola_s + CUIDADOS

Este sábado 2 de octubre participaremos en el evento sola_s + CUIDADOS dentro del Primer Congreso Internacional Feminista de Arquitectura y Cuidados que se celebrará en la E.T.S. de Arquitectura de la Universidad Politécnica de Madrid. En concreto, participaremos en la conversación MODELOS HABITACIONALES Y DERECHOS DE LAS SOLAS entre las 11:10h y las 12:40h.


Sin comentarios

DEREITO Á CIDADE / Roteiro polo barrio das Atochas

ROTEIRO-DEREITO-A-CIDADE


Cal é o papel urbanístico do Estado na Coruña? Que dinámicas urbanas promove o PXOM? É posible a autoxestión de espazos e centros sociais? Como están a funcionar os soares e edificacións sen usos formais?

Este sábado 25 de setembro imos de roteiro polo barrio das Atochas para falar destes e doutros temas de actualidade xunto a Refuxios da Memoria e a Clínica de Casas (UDC).


Mapa do percorrido, das paradas e dos temas que se comentarán durante o roteiro:





POST-ROTEIRO:


En decembro de 2021, publicouse o artigo «Un roteiro polo barrio das Atochas na Coruña: cuestións urbanas arredor do dereito á cidade», unha achega ao libro Dereito á cidade: faladoiros e obradoiro de aprendizaxe-servizo, coordinado por Clínica de Casas (Hilda Cuba, Cristina Botana, Plácido Lizancos), GAM de vivenda da Coruña e Refuxios da Memoria.

O libro pódese descargar no RUC da Universidade da Coruña e a nosa achega (páxs. 16-36) é unha recompilación ampliada das notas realizadas para o roteiro polo barrio das Atochas desenvolvido o 25 de setembro: unha introdución a unha serie de elementos urbanos moi diversos a través dos cales se tratan diferentes aspectos do que sexa ou poida ser o «dereito á cidade» no século XXI.

Como parte do artigo, tamén se publicou un mapa do roteiro onde se representan o seu percorrido, as paradas realizadas e os temas comentados en cada unha delas:


ROTEIRO-AS-ATOCHAS-DEREITO-A-CIDADE

Mapa en JPG (6 MB)  /  Mapa en PDF (17,7 MB)


Sin comentarios

OMNIA SUNT COMMUNIA / Taller en el BiArch (Bari International Archifestival) / 15-19 de septiembre de 2021

OMNIA SUN COMMUNIA


Del 15 al 18 de septiembre participaremos junto a La Scuola Open Source y Armata Brancaleone / ExpostModerno en el taller OMNIA SUNT COMMUNIA, organizado como parte del BiArch – Bari International Archifestival y que tiene como objetivo la elaboración de un documento estratégico para revisar la normativa de bienes de comunes del Ayuntamiento de Bari.

Como introducción al tema de los comunes, aquí se pueden consultar los materiales que produjimos para el proyecto EL MUNDO DE LOS COMUNES. CONTEXTO PARA UNA INVESTIGACIÓN SOBRE LOS COMUNES URBANOS, realizado en 2019-2020 como parte de la exposición Ciudad de los Comunes, comisariada por Todo por la praxis y diseñada por Enorme Studio en el Instituto Do It Yourself (Madrid).

Agradecemos mucho la invitación, especialmente a Alessandro Cariello, y, sobre todo, la disposición del Comune di Bari para utilizar este tipo de macro-festivales de arquitectura para abrir foros de pensamiento y trabajo sobre cuestiones reales con incidencia en la vida urbana. Ojalá el Ayuntamiento de A Coruña tuviera la misma ambición y valentía para abrir foros públicos de evaluación y modificación de las normativas municipales.

El tema de los comunes urbanos y su reconocimiento está bastante más avanzado en Italia que en España, al menos a nivel institucional y legislativo, por lo que iremos básicamente a aprender de su experiencia junto a investigadorxs y participantes en los procesos de Bari, Nápoles o Turín.

Como muestra de esa distancia entre el tratamiento de los bienes comunes urbanos en Italia y en España, compartimos dos documentos del Ayuntamiento de Bari, un municipio un poco más grande, pero perfectamente comparable al de A Coruña. El primero es la normativa sobre la que trabajaremos en el taller: el Reglamento de colaboración entre la ciudadanía y la administración para el cuidado y la regeneración de los bienes comunes urbanos (Ayuntamiento de Bari, 2015). Y el segundo es una convocatoria pública más reciente: el Aviso público para la regeneración creativa de áreas abandonadas (Ayuntamiento de Bari, 2019).

Por último, es necesario mencionar que todo el proceso de reconocimiento de los bienes comunes y de la autogestión ciudadana en Italia se inicia en 2001 con la modificación del artículo 118 de la Constitución de la República Italiana, en el que se introduce un último párrafo que establece el principio de subsidiariedad para el desarrollo de actividades de interés general:

    Stato, Regioni, Città metropolitane, Province e Comuni favoriscono l’autonoma iniziativa dei cittadini, singoli e associati, per lo svolgimento di attività di interesse generale, sulla base del principio di sussidiarietà.

    (El Estado, las Regiones, las Urbes metropolitanas, las Provincias y Municipios fomentarán la iniciativa autónoma de los ciudadanos, individualmente o asociados, para el desarrollo de actividades de interés general, conforme al principio de subsidiariedad.)




MATERIALES


>>> Hilo de Twitter con algunas notas y materiales sobre el taller.

>>> Omnia Sunt Communia / Report (La Scuola Open Source).

>>> Imágenes de la presentación final del taller (Teatro Margherita, 19/09/2021).

>>> Documento final del taller.


Sin comentarios

DEREITO Á CIDADE / Faladoiros e obradoiro de aprendizaxe-servizo

DEREITO-A-CIDADE

Sin comentarios

Roteiro CAMIÑO NEGRO / A Coruña, 22-05-2021

ROTEIRO-CAMIÑO-NEGRO



Como parte das actividades da exposición CAMIÑO NEGRO de Damián Ucieda (comisariada por Juan de Nieves e que pode ser visitada en NORMAL ata o 25 de xuño de 2021), o próximo sábado 22 de maio guiaremos un roteiro comentado polo trazado do oleoduto que atravesa a cidade desde o peirao petroleiro ata a refinería da Coruña.



>>> INSCRICIÓNS <<<





INTRODUCIÓN:


O poliduto que conecta desde 1964 o peirao petroleiro coa refinería da Coruña xerou unha franxa lineal de espazo libre que atravesa diferentes barrios e condicións urbanas ao longo dos 5,3 km nos que transcorre pola cidade: ámbitos de bordo non consolidados, tecidos residenciais do século XX, áreas industriais e terciarias, núcleos de orixe rural e grandes infraestruturas de comunicación.

Durante o percorrido do roteiro, comentaránse as distintas situacións urbanas visitadas, prestando especial atención aos usos formais e informais que acolle na actualidade ou que acolleu no pasado, así como aos tipos de espazos que se crean sobre o poliduto a partir do diálogo e grao de integración coa súa contorna urbana inmediata e coa súa posición xeográfica e metropolitana.

A hipótese principal que guiará o roteiro é que camiñaremos por un espazo urbano contemporáneo e verdadeiramente excepcional, un lugar que cumpre coñecer fondamente antes de formular ideas para a súa futura transformación cando o poliduto deixe de estar en funcionamento.

Así, a idea base coa que percorreremos os espazos urbanos sobre o oleoduto é que «o baleiro na metrópole non está baleiro»1, senón que é descampado ou terrain vague2 onde certos usos informais poden atopar lugar e onde a expectativa da sorpresa e do impensable non está cancelada polo deseño urbano; é xerador de distancias interesantes3 que modifican as condicións urbanas e as posibilidades de uso das súas contornas; é terceira paisaxe4 que funciona como refuxio da biodiversidade; é dispositivo inacabado5 onde cada acción humana é o único que da sentido ao lugar e onde as posibilidades de territorialización cidadá non están delimitadas de antemán; e é tamén un espazo de memoria, neste caso xa desde a súa propia traza, pois está determinada pola forma urbana da Coruña a principios dos anos 60 cando se planifica o poliduto, adaptándose e facéndo hoxe visibles, por exemplo, os límites de núcleos xa desaparecidos como Agrela ou Ponte da Pedra.

A interpretación que se faga desde a técnica do desexo popular de reconvertir este espazo nun grande eixo verde, público e peonil que atravese a cidade (como fai actualmente no Barrio das Flores) ten que partir do recoñecemento da riqueza que aporta a diversidade de condicións urbanas xeradas por cada un dos tramos que se teñen conformado ata a actualidade. É preciso imaxinar a súa reconexión lonxitudinal, pero atendendo a unha noción de baleiro en positivo, sen pretender urbanizar, integrar ou homoxeneizar todo o seu trazado como parecen ditar as lóxicas hexemónicas nestes casos, principalmente, hoxe en día, aquelas representadas polo modelo highline (como o de París, o de Nova York ou, nun futuro próximo, o de Londres).

Con todo o éxito popular e as virtudes urbanas do paseo marítimo da Coruña, nesta ocasión non parece razonable arrasar de novo coa diversidade de formas nas que unha liña se pode atopar coa cidade. Fronte á aposta directa pola dulcificación ou a “humanización” total, a singularidade deste espazo esixe unha descrición da urbanidade dos seus tramos e das esquinas que xera no seu contacto coa metrópole e, a partir de ahí, estudar e debater que grao de conectividade e accesibilidade debe asegurar o seu percorrido.

«Onde non hai nada, todo é posible. Onde hai arquitectura, nada (máis) é posible» (Rem Koolhaas, 1985). A maxia do oleoduto, como é coñecido popularmente, é que en varios dos seus tramos e en diferentes graos segundo as condicións urbanas de cada un deles, permite atravesar a cidade desde fóra da cidade. Entre outras cousas, este roteiro intentará abrir a posibilidade de desexar a conservación e a intensificación desta radicalidade.



1 Rem Koolhaas (Imagining Nothingness, 1985).
2 Ignasi de Solá-Morales (Terrain vague, 1995).
3 Manuel de Solá-Morales (Territorios sin modelo, 1995).
4 Gilles Clément (Manifiesto del Tercer paisaje, 2004).
5 Margarita Padilla (Politizaciones en el ciberespacio, 2011) e Amador Fernández-Savater (El 15-M y la crisis de la cultura consensual en España, 2012).






POST-ROTEIRO:

 

– NOVA sobre o roteiro redactada por Gemma Malvido e publicada no xornal La Opinión A Coruña o 23 de maio de 2021:

Los espacios que deja el poliducto

Los tubos que unen la refinería con el muelle petrolero recorren la ciudad y, en sus márgenes, se generan lugares de convivencia como huertas, colonias felinas y pastos

NOVA-ROTEIRO-CAMIÑO-NEGRO



– VÍDEO-RESUMO do roteiro realizado pola Fundación María José Jove (imaxes e cortes de audio das partes unicamente descritivas, polo que se recomenda botar unha ollada ao texto de introdución para complementar a información contida no vídeo):




– COMENTARIOS en Twitter dalgunhas das persoas participantes:









OUTROS:


– Fío de Twitter sobre un posible erro na identificación do oleoduto no PXOM da Coruña de 2013:



Sin comentarios

CIUDAD DE LOS COMUNES / Inauguración de la exposición y mesa de debate / Jueves 12-12-2019, IDYS (Madrid)

 DEBATE_CIUDAD_COMUNES_BLOG


Este jueves 12 de diciembre se inaugura en el Instituto Do It Yourself (Madrid) la exposición CIUDAD DE LOS COMUNES, comisariada por Todo por la praxis y diseñada por Enorme Studio.

La exposición, que gira en torno a diez experiencias desarrolladas en Europa y Sudamérica en la última década, es el resultado de la primera fase de un proyecto de investigación sobre los comunes urbanos en el que hemos estado colaborando durante los últimos meses.

Como parte de la inauguración, el mismo jueves a partir de las 17:30h participaremos en una mesa de debate junto a Gabriella Riccio del Institute of Radical Imagination y participante en la experiencia de L’Asilo en Nápoles, y a Pablo García Bachiller del Laboratorio de Cuidados Urbanos y participante en La Ingobernable de Madrid.


Comments are off for this post

DO DESCAMPADO Á BURBULLA DO ALUGUEIRO: OUTRAS ARQUITECTURAS E URBANISMOS NA CIDADE CONTEMPORÁNEA /// Curso de 30h na NORMAL-UDC /// Setembro – Decembro de 2019

imx_blog

Nos próximos meses impartiremos un curso en NORMAL? (o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña) titulado “Do descampado á burbulla do alugueiro: outras arquitecturas e urbanismos na cidade contemporánea”.

O curso terá unha duración de 30 horas e se desenvolverá nunha aula de NORMAL (Campus Universitario de Riazor) os mércores de 19:00 a 21:00h entre o 25 de setembro e o 18 de decembro.

Toda a INFORMACIÓN sobre o curso (introdución, estrutura, contidos e obxectivos) se pode consultar nesta web.

O prazo de INSCRICIÓN está aberto ata o 13 de setembro e pode facerse desde a web da Área de Cultura da UDC.


Comments are off for this post

FETSAC’19 “Carencias” / Festival de Arquitectura / 25, 26, 27 e 28 de marzo

fetsac19_cartel


fetsac19_actividades


O próximo xoves 28 de marzo participaremos na FETSAC’19 na mesa de debate “A crise da educación nas escolas de arquitectura”, a partir das 12:00h na planta 3ª da ETSAC. Ademais de Ergosfera, na mesa participarán José Antonio Vázquez (subdirector da ETSAC), José Ramón Alonso Pereira e Luz Paz (profesores da ETSAC), Pablo López (delegación de estudantes), Coque Claret e Dani Calatayud (profesores da ETSAV-UPC) e Arturo Franco (profesor da ETSAM).

Toda a información sobre a FETSAC’19, aquí.


Comments are off for this post

III FORO NEGRO DA CULTURA / Sábado 15 de decembro / 11:00 – 18:00h / Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

III_FORO_NEGRO_web

Web    |    Facebook    |    Inscrición


O próximo sábado 15 de decembro, no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, celebrarase o III Foro Negro da Cultura, un encontro aberto, enmarcado no proxecto Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige 2002-2019, no que colaboraremos xunto a todas estas persoas e colectivos: Miguel Anxo Rodríguez, Jorge Linheira, Daniel L. Abel, Sol Álvarez, Pancho Lapeña, Mauro Trastoy, Berio Molina, Caneca Filmes, Ania González e Horacio González (Agentes del Caos), Vanesa Castro e Iñaki López (Für Alle Fälle), Paula Pin, Xoan Xil, aCentral Folque, Non Ou Edicións, Pablo Orza, Carlos Santiago, Colectivo RPM e Aahpica.

III_FORO_NEGRO


Comments are off for this post

«A cidade fronte ao control urbano». Charla nas xornadas LUGO SEN MORDAZAS: POR UNHA CIDADE VIVA E INCLUSIVA (Sábado 24 de novembro, 18:15h, Casa Sindical de Lugo)

Lugo_Sen_Mordazas


Os próximos sábados 24 de novembro e 1 de decembro desenvolveranse as xornadas Lugo Sen Mordazas: Por unha cidade viva e inclusiva.

Entre as súas moitas actividades está unha pequena charla pola nosa parte titulada «A cidade fronte ao control urbano», ás 18:15h na Casa Sindical de Lugo. A continuación, unha introdución ao tema que trataremos:


A cidade fronte ao control urbano

Ergosfera, novembro de 2018


Sexan cales sexan os seus obxectivos, todas as ideoloxías políticas representadas nos Plenos municipais e nos Parlamentos autonómicos e estatal parten dun consenso non explícito en torno á necesidade ou desexabilidade do control total sobre cada metro cadrado do territorio.

En realidade, hoxe xa sabemos que as pequenas e grandes exterioridades parciais que persisten no territorio e nas cidades funcionan como espazos e tempos fundamentais para que emerxan algunhas das materializacións de conceptos como a autonomía, os comúns ou mesmo a supervivencia ou a democracia.

A nosa charla consistirá nun percorrido por algúns dos estudos realizados nos últimos anos sobre como as ferramentas urbanísticas e de “seguridade cidadá” afondan nesa idea de control á conta dos procesos urbanos considerados prescindibles, no mellor dos casos, ou directamente inimigos da normalidade ou da rendibilidade, na maioría das ocasións.

Casos nos que unha idea nunca neutral de orde se enfronta directamente á imprevisibilidade da vida humana, un proceso que pode rematar facéndose realidade de múltiples xeitos: desde a invención dun termo como “feísmo”, ata a multiplicación das cámaras de videovixilancia e o resto de gadgets tecnolóxicos para o control social (tan ben introducidos a través de ideas como smart city, big data ou internet of things); desde o desaloxo de centros sociais okupados e autoxestionados, ata as normativas de “seguridade, salubridade e ornato” que implican o peche dos soares e edificacións sen usos formais; desde o modelo urbanístico que implica o desprazamento dos descampados cara as periferias, ata a homoxeneización das estéticas admisibles no espazo público ou a expulsión das persoas e actividades supostamente non desexadas segundo os consensos sociais dominantes en cada momento histórico. Como a ordenanza “cívica” contra a que afortunadamente xurdiu Lugo Sen Mordazas.


Comments are off for this post

ROTEIRO POLO PARQUE DO OBSERVATORIO / Sábado 10 de novembro a partir das 11:00h

Cartel


Máis información, aquí.

Percorrido do roteiro, aquí.


1 comentario

Página siguiente »