site
ERGOSFERA

archivos de la categoría < [ 09 / 11 ] POPMETROPOLIS >

POPMETROPOLIS: METRÓPOLE E VIDEOXOGOS

cartel_popmetropolis_web3

ESTE XOVES 26 DE NOVEMBRO TERÁ LUGAR NO CAFÉ DE MACONDO [R/ SAN ANDRÉS, 106] A INSTALACIÓN “POPMETROPOLIS: METRÓPOLE E VIDEOXOGOS”, RESULTADO DUNHA PEQUENA INVESTIGACIÓN QUE LEVAMOS A CABO XUNTO CON ROSENDO GONZÁLEZ.

ESTE TRABALLO ENMÁRCASE DENTRO DOS OBRADOIROS’09 ORGANIZADOS POLA UNIVERSIDADE INVISIBEL, E ESTARÁ EXPOSTO DESDE AS 12:00 DA MAÑÁ, REMATANDO CUN FINDEFESTA POR DEFINIR ÁS 21:30 NO MESMO LUGAR.

Cultura (pop)ular. Primeira industria cultural (por diante do cine ou da televisión) e medio practicamente inexplorado pola crítica, os videoxogos definen novos espazos de interacción social, problematizan de forma crecente a relación real-virtual, forman parte de narrativas multimedia que inflúen en procesos globais, cuestionan modos clásicos de comunicación, etc. Dentro desta panorámica achegarémonos de xeito especial a SimCity (videoxogo de xestión metropolitana de gran popularidade) como un tipo de alegoría (informática) do noso habitar cotián nun espazo metropolitano que se asemella cada vez máis a un videoxogo.

+ INFORMACIÓN / BIBLIOGRAFÍA en =
>>> blog LABORATORIO INVISÍBEL
>>> blog POPMETROPOLIS

Comments are off for this post