Archivos de la categoría: [ 2022 ] MCDONALD’S
ESPACIOS GLOBALES, ¿REFUGIOS URBANOS? / Barcelona / 21, 22 y 25 de abril de 2023
Esta semana estaremos en Barcelona desarrollando Espacios globales, ¿refugios urbanos?, unas jornadas de taller, reflexión y debate que se desarrollarán los días 21, 22 y 25 de abril como parte del programa +Model del Model – Festival de Arquitecturas de Barcelona 2023.
Toda la información sobre las jornadas (introducción, horarios, inscripciones, materiales previos, etc.) se puede consultar en esta página web.
* Más información sobre esta línea de investigación de Ergosfera, en la página web del proyecto McDonald’s: el lugar frente a la metáfora.
Sin comentarios
McDonald’s: o lugar fronte á metáfora / FETSAC’22 / 22-03-2022 / ETSAC-UDC
O próximo martes 22 de marzo participaremos na FETSAC’22 – Confluencias co proxecto McDonald’s: o lugar fronte á metáfora, un relatorio (11:30-12:30 h) e un micro-obradoiro (16:00-18:00 h) nos que analizaremos este experimento primitivo de espazo global desde as perspectivas arquitectónica, urbanística e social.
Aínda que se trata dun tema de investigación que vimos estudando desde 2008 de xeito intermitente, por agora só están compartidos algúns materiais moi iniciais. Por unha parte, nalgunha das nosas presentacións inclúense reflexións parciais sobre o caso McDonald’s. E por outra, nun artigo publicado en 2018 inclúese un apartado titulado #McDonalds onde están introducidas algunhas das liñas de traballo que serán presentadas e desenvolvidas no relatorio e no obradoiro formulados.
O relatorio e o obradoiro son actividades independentes. A primeira é aberta a calquera persoa e para a segunda é necesaria a inscrición previa no posto da FETSAC da planta -2 da ETSAC (e é recomendable, mais non obrigatorio, asistir ao relatorio de introdución). O único requisito para participar no obradoiro é o de ter estado máis dunha vez nun local de McDonald’s, xa que se traballará sobre os coñecementos expertos das persoas participantes a partir das súas experiencias persoais nestes espazos.
– VÍDEO DO RELATORIO. Compartimos o vídeo da presentación aínda que non estamos moi satisfeitos co resultado, xa que debido a un mal cálculo pola nosa parte do tempo dispoñible, varios dos seus apartados, sobre todo os dous últimos, non quedaron nada ben explicados. Intentaremos atopar outra oportunidade para contar o proxecto con máis calma e claridade.
– IMAXES DO RELATORIO. As imaxes da presentación pódense consultar en slideshare (aquí) e descargar desde a páxina web de Ergosfera (aquí).
– OBRADOIRO. No micro-obradoiro desenvolvido tras o relatorio participamos sete persoas: José Ángel Ayude Fernández, Iago Carro Patiño (Ergosfera), Carlos Diz Reboredo, Iván Hernando Bango, Pablo López Arias, Laura Martínez Salgado e Olalla Picallos Alló. Comezamos cunha pequena presentación das experiencias persoais de cada un de nós en McDonald’s: cando, onde e por que imos, como chegamos ata eles, que facemos unha vez no local, canto tempo estamos normalmente, que características os fan diferentes a outros espazos segundo as nosas vivencias, etc. A continuación, fixemos un debuxo destas experiencias intentando incorporar o maior número de condicións arquitectónicas, urbanas e sociais que as enmarcan. E para rematar, comentamos colectivamente os debuxos realizados e as cuestións máis destacables de cada experiencia singular nos McDonald’s. Só podemos dicir que para nós foi todo un pracer ter esta mesa de conversa e traballo: aprendimos moitas cousas e serviunos de grande axuda como continuación do proxecto de investigación. Así que moitas grazas a Olalla, Laura, Pablo, Iván, Carlos e José Ángel!
– Moitísimas grazas ás xentes da FETSAC por organizar un ano máis este encontro!
– PÁXINA WEB DO PROXECTO. A partir de agora iremos compartindo os materiais producidos como parte deste proxecto de investigación nesta páxina web.
Sin comentarios