6º DESCENSO URBANÍSTICO dende a ETSAC /
Urbanizacións, dotacións privadas e outras cousas periféricas entre A Zapateira, Uxes e Feáns /
Venres 19 de xullo de 2019
Este venres 19 de xullo desenvolverase o 6º Descenso Urbanístico desde a ETSAC.
A saída será desde o edificio de Departamentos ás 10:00h, e desta volta o roteiro dirixirase cara o suroeste da escola atravesando os territorios da Zapateira, Uxes e Feáns, polo que visitaremos un bo número de urbanizacións residenciais e dotacións privadas (principalmente colexios, residencias e clubs, mais tamén outros servizos de ocio e deporte), así como outras pezas periféricas singulares (desde miradoiros ou cortalumes espectaculares ata lugares famosos polas raves informais que acollían).
A inscrición no roteiro é gratuíta, pero as prazas son limitadas.
Para inscribirse só é preciso enviar un correo electrónico co nome completo á dirección: cidadeterritorio@udc.es
Debido ás poucas cafeterías e restaurantes existentes nos territorios atravesados este ano, o percorrido definitivo e as paradas de descanso e comida non están pechadas previamente como nas edicións anteriores, polo que se decidirán colectivamente durante o roteiro. O único que fai falta traer é calzado adecuado tendo en conta que hai varios tramos de camiños polo monte.
Na seguinte cartografía pódese consultar o percorrido aproximado deste ano (e tamén os das pasadas edicións):
Máis información na web: cidadeterritorio.wordpress.com
comments are off for this post