Contexto territorial e urbano do sanatorio e a finca do Paraxón
Cartografías analíticas do contexto territorial e da contorna urbana do sanatorio e a finca do Paraxón realizadas como materiais de apoio para o proceso participativo para a definición de usos do Sanatorio do Paraxón, desenvolvido por Natalia Balseiro por encargo do Concello de Oza-Cesuras e co apoio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, un proceso dirixido a toda a veciñanza de Oza-Cesuras que se desenvolveu durante seis meses e que concluíu cun informe de proposta de usos e xestión do recinto.