Estudo urbano
Mesas de traballo
Proceso participativo
Roteiro comentado
Colaboración con ZEMOS98 no desenvolvemento do proxecto "Imaxinar A Doca, pensar o común", un proceso participativo de mediación coa cidadanía baionesa para o co-deseño da temática dun novo mural urbano que se vai realizar na Doca, o dique de abrigo ou espigón de protección do porto e do bordo costeiro de Baiona que funciona como espazo público desde a súa construción a mediados do século XX.
O noso traballo consistiu na realización dun estudo sobre A Doca desde múltiples perspectivas (xeográfica, infraestrutural, urbana, arquitectónica, histórica, funcional e cultural), desenvolvido a partir da investigación bibliográfica e arquivística, o traballo de campo e a recollida dos saberes e imaxinarios colectivos sobre o lugar. Ademais, colaboramos nalgunhas das actividades participativas deseñadas e desenvolvidas por Natalia Balseiro e Sofía Coca de ZEMOS98: reunións de traballo con axentes locais de todo tipo, obradoiros e presentacións do proceso coa veciñanza e un paseo comentado pola contorna da Doca coa rapazada dos colexios de Baiona na xornada final.