Este gráfico intenta ser un recoñecemento a todas as persoas e organizacións coas que colaboramos ou mantivemos algún tipo de relación durante o desenvolvemento do noso traballo e que, polo tanto, forman parte da historia de Ergosfera.
O gráfico recompila automaticamente os datos do arquivo de proxectos, presentacións, publicacións, actividades e medios compartidos nesta páxina web, representando o ano no que se produciu a relación con cada persoa ou organización vinculada a estes traballos.
O gráfico ten dúas limitacións importantes. Por unha parte, as relacións representadas foron na maioría dos casos puntuais e non durante todo un ano, pero sempre se representa o período dun ano ao completo. E por outra parte, represéntanse de igual xeito todos os tipos de relacións: diferentes formas de colaboración directa, participación en actividades organizadas por Ergosfera, casos de organización, coordinación ou financiamento de actividades nas que participamos, conversas casuais pero que tiveron un impacto nalgún dos nosos traballos, así como outras múltiples formas de relación formais e informais que non foi posible categorizar.
Trátase dun gráfico en proceso, así que calquera erro ou desactualización que detectes estaremos encantados de correxilo se nos escribes un correo electrónico a contacto@ergosfera.org.
[ Gráfico actualizado a: 30/04/2026 ]