{"id":6878,"date":"2019-11-05T17:05:47","date_gmt":"2019-11-05T15:05:47","guid":{"rendered":"http:\/\/ergosfera.org\/blog\/?p=6878"},"modified":"2024-02-16T04:29:03","modified_gmt":"2024-02-16T02:29:03","slug":"cartografia-do-contexto-urbano-do-campanario-e-pequeno-texto-sobre-o-seu-futuro-urbanistico-unha-aportacion-ao-obradoiro-de-aprendizaxe-servizo-arquitecturas-ambulatorias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/?p=6878","title":{"rendered":"Cartograf\u00eda do contexto urbano do Campanario e pequeno texto sobre o seu futuro urban\u00edstico (unha aportaci\u00f3n ao obradoiro de aprendizaxe-servizo Arquitecturas Ambulatorias)"},"content":{"rendered":"<p>Compartimos a nosa pequena aportaci\u00f3n ao traballo colectivo desenvolvido estes dous \u00faltimos meses en <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/obradoirocampanario\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>Arquitecturas Ambulatorias<\/strong><\/a>, o fant\u00e1stico obradoiro de aprendizaxe-servizo co barrio do Campanario promovido e coordinado por Cristina Botana e Roc\u00edo Botana coa axuda da OCV da Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>Os resultados e as contribuci\u00f3ns das persoas participantes no obradoiro quedaron recompilados nunha publicaci\u00f3n dispo\u00f1ible no Repositorio da Universidade da Coru\u00f1a: <a href=\"https:\/\/ruc.udc.es\/dspace\/handle\/2183\/24223?fbclid=IwAR241DNnRDMGCDs0VlC7SIZURqB1xVVWZi3jI61fGPO15H-LaPtxYF_55sA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>Botana, Cristina e Botana, Roc\u00edo (coords.). <em>Arquitecturas Ambulatorias: obradoiro de aprendizaxe-servizo co barrio de Campanario<\/em>. A Coru\u00f1a: Universidade da Coru\u00f1a, Servizo de Publicaci\u00f3ns, 2019.<\/strong><\/a><\/p>\n<p>Pola nosa parte, ademais do acompa\u00f1amento nun <a href=\"http:\/\/ergosfera.org\/blog\/?p=6842\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>roteiro<\/strong><\/a> polo \u00e1mbito e unha pequena sesi\u00f3n de introduci\u00f3n aos temas urbanos e urban\u00edsticos que est\u00e1n a definir o futuro do Campanario, a nosa aportaci\u00f3n consistiu en:<\/p>\n<p><a name=\"map\">&nbsp;<\/a><\/p>\n<p>&#8211; Unha <strong>cartograf\u00eda do contexto urbano do barrio do Campanario<\/strong>, en tama\u00f1o A1 e descargable en formato imaxe <a href=\"http:\/\/www.ergosfera.org\/archivo\/publicaciones\/o-campanario\/Contexto-urbano-do-Campanario_Ergosfera_2019.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>(JPG \/ 24,5 MB)<\/strong><\/a> ou en formato vectorial, por capas e editable en calquera programa de debuxo para que se poida seguir traballando nela <a href=\"http:\/\/www.ergosfera.org\/archivo\/publicaciones\/o-campanario\/Contexto-urbano-do-Campanario_Ergosfera_2019.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>(PDF \/ 71,5 MB)<\/strong><\/a>:<\/p>\n<p><\/br><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.ergosfera.org\/archivo\/publicaciones\/o-campanario\/Contexto-urbano-do-Campanario_Ergosfera_2019.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/ergosfera.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/Contexto-urbano-do-Campanario-Ergosfera-2019-Blog.jpg\" alt=\"Contexto urbano do Campanario - Ergosfera (2019) - Blog\" width=\"480\" height=\"339\" class=\"aligncenter size-full wp-image-6886\" srcset=\"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/Contexto-urbano-do-Campanario-Ergosfera-2019-Blog.jpg 480w, https:\/\/ergosfera.org\/blog\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/Contexto-urbano-do-Campanario-Ergosfera-2019-Blog-300x211.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 480px) 100vw, 480px\" \/><\/a><\/p>\n<p><center><a href=\"http:\/\/www.ergosfera.org\/archivo\/publicaciones\/o-campanario\/Contexto-urbano-do-Campanario_Ergosfera_2019.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>[ JPG \/ A1 \/ 24,5 MB ]<\/strong><\/a> &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; <a href=\"http:\/\/www.ergosfera.org\/archivo\/publicaciones\/o-campanario\/Contexto-urbano-do-Campanario_Ergosfera_2019.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>[ PDF \/ A1 \/ 71,5 MB ]<\/strong><\/a><\/center><\/p>\n<p><\/br><\/p>\n<p>&#8211; Un pequeno <strong>texto sobre o futuro urban\u00edstico do territorio onde se sit\u00faa o barrio do Campanario<\/strong>:<\/p>\n<p><a name=\"txt\">&nbsp;<\/a><br \/>\n<\/br><\/p>\n<p><center><\/p>\n<div style=\"font-size:18px; line-height: 24px;\"><span style=\"background-color:#FFFF00;\"><strong>O Campanario e a cidade. Sempre m\u00e1is interesantes.<\/strong><\/span><\/div>\n<p>Ergosfera, outubro de 2019<\/center><\/p>\n<p><\/br><\/p>\n<p>Unha vez m\u00e1is, parece que comezan os movementos para o desenvolvemento dos plans urban\u00edsticos na zona do Porti\u00f1o, O Campanario e San Pedro de Visma.<\/p>\n<p>En termos sociais e pol\u00edticos, o \u00fanico escenario xusto e razoable \u00e9 que as veci\u00f1anzas afectadas te\u00f1an a posibilidade de participar no seu dese\u00f1o e decidir o seu futuro: ben permanecer nos seus barrios, por suposto urbanizados e mellorados tras d\u00e9cadas de abandono municipal e paralizaci\u00f3n urban\u00edstica, as\u00ed como coas vivendas precarias transformadas ou rehabilitadas; ben quedarse no \u00e1mbito, pero nunhas novas vivendas como f\u00f3rmula de realoxo definitivo; ou ben calquera outra soluci\u00f3n compensatoria ou habitacional coa que estean de acordo.<\/p>\n<p>Desde a perspectiva urban\u00edstica e do interese xeral para A Coru\u00f1a, non todas estas posibilidades son igual de desexables: o mellor para a cidade \u00e9 que a gran maior\u00eda dos lugares e edificaci\u00f3ns que conforman o \u00e1mbito permanezan onde est\u00e1n na actualidade, \u00e9 dicir, que sexa o planeamento o que configure un proxecto urbano inclusivo. Non s\u00f3 porque non hai ningunha raz\u00f3n t\u00e9cnica para eliminar todo o que acontece nun territorio de medio mill\u00f3n de metros cadrados e xa habitado, sen\u00f3n porque en termos de singularidade urbana e arquitect\u00f3nica, acolle como m\u00ednimo tres pezas cuns valores formais e hist\u00f3ricos de grande interese patrimonial e completamente desprotexidas polo PXOM: o barrio do Campanario, as casetas de pescadores do Porti\u00f1o e o conxunto de vivendas e cami\u00f1os da Pedra da Barca e Res\u00edos.<\/p>\n<p>Se se pensa no futuro deste territorio, que ser\u00eda un mundo interesante?<\/p>\n<p>Ser\u00eda un no que un gran corredor verde a media ladeira conecta os parques do Monte de San Pedro e Bens atravesando un barrio coa intensidade de vida de r\u00faa, a historia, a escala e a composici\u00f3n formal do Campanario; un no que se pode pasar pola Pedra da Barca e Res\u00edos por ese marabilloso trazado curvil\u00edneo do cami\u00f1o orixinal ao monte de San Pedro; un no que se pode sentir a vertixe de enfrontarse \u00e1 paisaxe costeira desde o cami\u00f1o peonil que d\u00e1 forma \u00e1 escala humana radical das casetas de pescadores do Porti\u00f1o; un no que o val de Visma e alg\u00fans dos descampados da zona son mantidos como espazos de reserva funcional e produtiva, polo que poida pasar no futuro coas nosas necesidades e aspiraci\u00f3ns ecol\u00f3xicas; un no que a gran maior\u00eda dos tecidos e construci\u00f3ns que hoxe compo\u00f1en o \u00e1mbito conforman xunto \u00e1s novas pezas un territorio rico e diverso en tipolox\u00edas arquitect\u00f3nicas, experiencias urbanas e memorias populares; un no que eses novos elementos son introducidos dun xeito progresivo, desbotando os tempos invasivos da pr\u00e1ctica urban\u00edstica convencional e priorizando a resoluci\u00f3n das carencias en termos do dereito \u00e1 cidade das veci\u00f1anzas actuais, por exemplo, rompendo o seu illamento mediante conexi\u00f3ns cos Rosales e San Pedro de Visma dun xeito digno e decididamente urbano.<\/p>\n<p>Porque \u00e9 bo para as persoas que habitan o \u00e1mbito na actualidade, se o seu desexo \u00e9 quedarse e mellorar \u00e1s s\u00faas condici\u00f3ns de vida. Porque \u00e9 bo para as veci\u00f1anzas dos futuros desenvolvementos, que chegar\u00e1n a unha zona con actividade urbana desde o primeiro minuto, cunha rede de cotianidade xa tecida e con cousas e lugares con nome. E porque \u00e9 bo para o interese xeral da cidade, que expandir\u00e1 o dominio da s\u00faa urbanidade nun territorio que, sen d\u00fabida, pode ser a\u00ednda m\u00e1is interesante.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Compartimos a nosa pequena aportaci\u00f3n ao traballo colectivo desenvolvido estes dous \u00faltimos meses en Arquitecturas Ambulatorias, o fant\u00e1stico obradoiro de aprendizaxe-servizo co barrio do Campanario promovido e coordinado por Cristina Botana e Roc\u00edo Botana coa axuda da OCV da Universidade da Coru\u00f1a. Os resultados e as contribuci\u00f3ns das persoas participantes no obradoiro quedaron recompilados nunha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[77],"tags":[],"class_list":["post-6878","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-2019-o-campanario"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6878","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6878"}],"version-history":[{"count":31,"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6878\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8146,"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6878\/revisions\/8146"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6878"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6878"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ergosfera.org\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6878"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}