site

DESCENSO URBANÍSTICO DENDE A ETSAC / Sábado 7 de outubro a partir das 12:00 h

Este sábado 7 de outubro participaremos na Semana da Arquitectura 2023 cun novo DESCENSO URBANÍSTICO DENDE A ETSAC, un roteiro guiado e comentado xunto a Plácido Lizancos (director da ETSAC) que se desenvolverá a partir das 12:00 h con saída dende a entrada da E.T.S. de Arquitectura no Campus da Zapateira.

Trátase dunha actividade aberta ao público, de balde e sen necesidade de inscrición.

No seguinte mapa pódese consultar o percorrido aproximado deste ano (e tamén os das pasadas edicións):




* Os Descensos Urbanísticos dende a ETSAC son unha actividade divulgativa que se desenvolveu de forma anual entre 2014 e 2019 organizada polo grupo de investigación Galicia Cidade e Territorio (GCeT) da UDC, xa en colaboración con Ergosfera na sexta e última das edicións ata o parón derivado da pandemia.



Sin comentarios

Sin comentarios todavía