Roteiro CAMIÑO NEGRO / A Coruña, 22-05-2021
Como parte das actividades da exposición CAMIÑO NEGRO de Damián Ucieda (comisariada por Juan de Nieves e que pode ser visitada en NORMAL ata o 25 de xuño de 2021), o próximo sábado 22 de maio guiaremos un roteiro comentado polo trazado do oleoduto que atravesa a cidade desde o peirao petroleiro ata a refinería da Coruña.
INTRODUCIÓN:
O poliduto que conecta desde 1964 o peirao petroleiro coa refinería da Coruña xerou unha franxa lineal de espazo libre que atravesa diferentes barrios e condicións urbanas ao longo dos 5,3 km nos que transcorre pola cidade: ámbitos de bordo non consolidados, tecidos residenciais do século XX, áreas industriais e terciarias, núcleos de orixe rural e grandes infraestruturas de comunicación.
Durante o percorrido do roteiro, comentaránse as distintas situacións urbanas visitadas, prestando especial atención aos usos formais e informais que acolle na actualidade ou que acolleu no pasado, así como aos tipos de espazos que se crean sobre o poliduto a partir do diálogo e grao de integración coa súa contorna urbana inmediata e coa súa posición xeográfica e metropolitana.
A hipótese principal que guiará o roteiro é que camiñaremos por un espazo urbano contemporáneo e verdadeiramente excepcional, un lugar que cumpre coñecer fondamente antes de formular ideas para a súa futura transformación cando o poliduto deixe de estar en funcionamento.
Así, a idea base coa que percorreremos os espazos urbanos sobre o oleoduto é que «o baleiro na metrópole non está baleiro»1, senón que é descampado ou terrain vague2 onde certos usos informais poden atopar lugar e onde a expectativa da sorpresa e do impensable non está cancelada polo deseño urbano; é xerador de distancias interesantes3 que modifican as condicións urbanas e as posibilidades de uso das súas contornas; é terceira paisaxe4 que funciona como refuxio da biodiversidade; é dispositivo inacabado5 onde cada acción humana é o único que da sentido ao lugar e onde as posibilidades de territorialización cidadá non están delimitadas de antemán; e é tamén un espazo de memoria, neste caso xa desde a súa propia traza, pois está determinada pola forma urbana da Coruña a principios dos anos 60 cando se planifica o poliduto, adaptándose e facéndo hoxe visibles, por exemplo, os límites de núcleos xa desaparecidos como Agrela ou Ponte da Pedra.
A interpretación que se faga desde a técnica do desexo popular de reconvertir este espazo nun grande eixo verde, público e peonil que atravese a cidade (como fai actualmente no Barrio das Flores) ten que partir do recoñecemento da riqueza que aporta a diversidade de condicións urbanas xeradas por cada un dos tramos que se teñen conformado ata a actualidade. É preciso imaxinar a súa reconexión lonxitudinal, pero atendendo a unha noción de baleiro en positivo, sen pretender urbanizar, integrar ou homoxeneizar todo o seu trazado como parecen ditar as lóxicas hexemónicas nestes casos, principalmente, hoxe en día, aquelas representadas polo modelo highline (como o de París, o de Nova York ou, nun futuro próximo, o de Londres).
Con todo o éxito popular e as virtudes urbanas do paseo marítimo da Coruña, nesta ocasión non parece razonable arrasar de novo coa diversidade de formas nas que unha liña se pode atopar coa cidade. Fronte á aposta directa pola dulcificación ou a “humanización” total, a singularidade deste espazo esixe unha descrición da urbanidade dos seus tramos e das esquinas que xera no seu contacto coa metrópole e, a partir de ahí, estudar e debater que grao de conectividade e accesibilidade debe asegurar o seu percorrido.
«Onde non hai nada, todo é posible. Onde hai arquitectura, nada (máis) é posible» (Rem Koolhaas, 1985). A maxia do oleoduto, como é coñecido popularmente, é que en varios dos seus tramos e en diferentes graos segundo as condicións urbanas de cada un deles, permite atravesar a cidade desde fóra da cidade. Entre outras cousas, este roteiro intentará abrir a posibilidade de desexar a conservación e a intensificación desta radicalidade.
1 Rem Koolhaas (Imagining Nothingness, 1985).
2 Ignasi de Solá-Morales (Terrain vague, 1995).
3 Manuel de Solá-Morales (Territorios sin modelo, 1995).
4 Gilles Clément (Manifiesto del Tercer paisaje, 2004).
5 Margarita Padilla (Politizaciones en el ciberespacio, 2011) e Amador Fernández-Savater (El 15-M y la crisis de la cultura consensual en España, 2012).
POST-ROTEIRO:
– NOVA sobre o roteiro redactada por Gemma Malvido e publicada no xornal La Opinión A Coruña o 23 de maio de 2021:
Los tubos que unen la refinería con el muelle petrolero recorren la ciudad y, en sus márgenes, se generan lugares de convivencia como huertas, colonias felinas y pastos
– VÍDEO-RESUMO do roteiro realizado pola Fundación María José Jove (imaxes e cortes de audio das partes unicamente descritivas, polo que se recomenda botar unha ollada ao texto de introdución para complementar a información contida no vídeo):
– COMENTARIOS en Twitter dalgunhas das persoas participantes:
Grazas, molou moito 😉 pic.twitter.com/VHlueCosMW
— Tulchak (@tulchak) May 23, 2021
Moi interesante roteiro con @ergosfera_org
— periferia mutante (@periferiamutant) May 23, 2021
sobre o oleoducto que atravesa á Coruña. Sempre con novas vistas e miradas á cidade que nos reconcilian con ela e permiten imaxinar tantas posibilidades. Nestes paseos unha sinte que mira tras a escena, un 'roubado' ós posados urbanos pic.twitter.com/GzXwF2FgIV
Onte fumos da man de @ergosfera_org coñecer o trazado do poliduto, os diversos tecidos urbanos que atravesa e os usos informais do espazo. https://t.co/XrtYcNKWri
— Alberto (@arbarcon) May 23, 2021
Así foi a nosa andaina polo "Camiño negro" o pasado sábado.
— Normal (@istoenormal) May 25, 2021
Moitas grazas aos asistentes, a Iago Carro de @ergosfera_org por guiarnos no percorrido e a Damián Ucieda por facer un "Camiño negro" mais visible .
Por un #CamiñoNegro mais verde!
Imaxes: Alberto Carballido pic.twitter.com/1m2P1CdlTR
OUTROS:
– Fío de Twitter sobre un posible erro na identificación do oleoduto no PXOM da Coruña de 2013:
Preparando o roteiro de mañá polo poliduto atopamos o que pode ser un erro bastante grave no PXOM da Coruña de 2013, xa que o trazado do tramo máis próximo á refinería non parece correcto. De cara a futuras revisións do planeamento, o @ConcelloCoruna debería ter isto en conta: pic.twitter.com/YpDINlIHQ7
— Ergosfera (@ergosfera_org) May 21, 2021
Sin comentarios
Sin comentarios todavía