Debate aberto: ORDENACIÓN DO TERRITORIO DESDE FÓRA DA UNIVERSIDADE E DA ADMINISTRACIÓN / Luns 8 de outubro / 16:00h / IBADER, Campus de Lugo

Este luns 8 de outubro participaremos, xunto ao Colectivo 1Aun e a Fundación RIA, no debate aberto Ordenación do territorio desde fóra da universidade e da administración, organizado como parte dunha clase do Masterterra (Campus de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela).
Máis información sobre o debate, aquí.
Como introdución ao noso posicionamento ao respecto do tema principal do debate (os problemas da ordenación do territorio galego na actualidade, as súas causas e as posibles accións para afrontalos), pódese consultar o vídeo doutra mesa de debate, neste caso sobre a última reforma da Lei do Solo de Galicia, aquí, ou os materiais producidos ata agora no proxecto de investigación ¡Eu si quero feísmo na miña paisaxe!.
comments are off for this post