site

COUSA DE ELVIÑA / Xornada de actividades

COUSA_DE_ELVINA_GIF_480

XORNADA DE ACTIVIDADES EN ELVIÑA:

Mércores 22 de xuño
S.R.D.C. Tempo Novo
Praza de Emilio Jaspe Deza

INSTALACIÓN:

Do 4 ao 8 de xullo
Pazo Municipal de María Pita

Do 11 ao 15 de xullo
Concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda

Do 18 ao 22 de xullo
Oficinas do Ministerio de Fomento na Coruña

Máis información, na web de Expontáneas



Cousa_de_elviña_BLOG


Horarios da xornada de actividades en Elviña (asistencia libre e gratuita):

18:00h / ROTEIRO
polo ámbito de Elviña afectado polo plan parcial “Parque Ofimático” na procura de elementos valorables (ademais das vivendas habitadas): lugares, condicións, árbores, camiños, trazas catastrais, memorias, etc.

20:30h / PRESENTACIÓN
do traballo sobre as vivendas ameazadas de derribo e sobre os procesos de transformación urbana en Elviña (o material que será exposto posteriormente nos lugares seleccionados).

21:00h / DEBATE
coa veciñanza afectada sobre as posibles alternativas ó desaloxo e á destrución das vivendas formulada nos plans urbanísticos vixentes.


comments are off for this post

Comments are closed.