|
ergosfera
|
 |
« Respuesta #1 en: Febrero 10, 2008, 06:08:43 » |
|
CASO SEIRUGA:
Criterios de selección,para as novas localizacions, que se vulneran (paxina 37 do plan acuicola):
CRITERIOS DE REXEITAMENTO
1-Medioambientais
a. Paixases singulares ou de especial relevancia. Si esto non se esta a vulnerar que venga Dios y lo vea, intentan meternos a piscifactoria coma unha peza de tetris, xa que "lindaria" con : duas plaias (Beo e Seiruga), unha zona de humedal (xuncal de Martelo e Beo, un castro maritimo (Entretorres o Galiana, catalogado coma tal), rio de Vaa (pequeno pero rio), estuario do rio de Vaa, zona de vertidos na Furna de Encidre ( a 200 mtrs da rasa cuaternaria de Lagixon). ¿Sera que todo isto non ten especial relevancia?, segun Juan Otero (redactor e "tecnico" da Xunta que no lo veu a explicar a Malpica),NON.
4- Sociais
a. Respecto as zonas turisticas ou de promoción turistica. ¿E logo a que foi o noso alcalde ,J. Ramon Varela, a Fitur?, senon nos engañamos, foi precisamente a promocionar o noso Municipio. Dito por él e por Touriño, un dos mais bellos da Costa Galega. E precisamente esas duas plaias son as que de momento estan mais virxenes, non como a de Canido- Malpica (bandeira azul) que ten ao lado o desauge de toda a rede de alcantarillado e augas fecais de Malpica pueblo.
b. plaias de notoria concorrencia O ministerio de Medio Ambiente reconoce, no caso de Seiruga, que e unha plaia de concorrencia media. Non vou discutir co Ministerio, hay moita xente, cando o tempo o permite.Sobre todo nenos pequenos , xa que cando a marea ta baixa, a ria e ideal pos pequenos e as nais tan tranquilas.
CRITERIOS DE ACEPTACION
4-Sociais
a. Favorecer a aceptación dos axentes sociais, concello e outras administracions. Nós , os axentes sociais, tamos decindo NON desde fai sete meses, con escritos , alegacions, manifestacions (ainda non chegamos as inmolacions ¿sera preciso?. O Concello , en dous actos plenarios, dixo NON por UNANIMIDADE de todos os nosos representantes politicos, o último pleno foi de ratificación da postura. Enviouse por duas veces os informes (elaborados`por o CIS,Centro de Investigacions Submariñas), desfavorables a instalacion da piscifactoria, a Conselleria de pesca. A última vez mandouselle o informe directamente ao Sr. Presidente Touriño e a Conselleira de Pesca Carmen Gallego. ¿SERA QUE A XUNTA NON RECOÑECE AO CONCELLO DE MALPICA COMO TAL?.Posiblemente. A Cofradia de Pescadores de Malpica decantouse, a vista dos informes e tras duas Xuntas Xerales, por opoñerse a instalación da piscifactoria en Seiruga ou calquer outro punto da costa da cal teñen a concesión de explotación. ¿Sera que a Cofradia no e outro axente social?
Pois con todo esto, os da Xunta estan empeñados en meternola. ¿Sera que non saben ler nin escoitar? ¿Sera que non temos razons?. De momento solo expoñemos esto, ainda temos mais.
|