site

COMUNIDADES Y PERIFERIAS / A Fonsagrada / 19-22 de setembro de 2023

COMUNIDADES Y PERIFERIAS

Este xoves 21 participaremos no seminario COMUNIDADES Y PERIFERIAS organizado polo DEPARQ na Fonsagrada (Lugo).

A nosa intervención, ás 19:00 h no salón de actos, consistirá na presentación dos resultados do proxecto Magia posmoderna en Carabanchel. Comunidades subalternizadas, periferias urbanas y espacios globales, desenvolvido desde xuño deste ano* grazas a unha residencia artística de investigación #Ey!MAD organizada por #Ey!Studio que nos permitiu facer traballo de campo durante un mes en Carabanchel (Madrid).

Moitas grazas a Federico López Silvestre e a Miguel Anxo Rodríguez pola organización e a invitación!

* Aínda non compartimos os materiais producidos como parte deste proxecto na nosa páxina web porque levounos moito máis tempo do previsto organizar toda a documentación recompilada durante ese mes de traballo de campo. Un proxecto que comezou tentando ser un pequeno avance na liña de investigación McDonald’s: o lugar fronte á metáfora, rematou sendo unha grande oportunidade para continuar a liña de traballo Degradación-Exterioridade-Emerxencia, así como para o estudo de moitos outros aspectos da cidade contemporánea en relación aos usos populares que acollen os territorios periféricos.


COMUNIDADES Y PERIFERIAS

< PROGRAMA DO SEMINARIO >


Sin comentarios

Sin comentarios todavía