site

PENSAR, HABITAR, SUBVERTER. AS PERSOAS MAIORES E A CIDADE / Facultade de Socioloxía – UDC, 13/10/2021

Encontros MOPS - Ergosfera


Este mércores 13 de outubro, a partir das 16:30h na sala 1.2 da Facultade de Socioloxía da UDC, desenvolveremos o seminario PENSAR, HABITAR, SUBVERTER. AS PERSOAS MAIORES E A CIDADE, unha actividade de acceso aberto na que se tratarán dúas cuestións urbanas moi concretas sobre a relación entre as persoas maiores e a cidade:

  • Na primeira parte, se explicará o proxecto de investigación sobre as residencias de maiores na área urbana da Coruña que comezamos durante a crise da COVID-19, unha análise desde a perspectiva urbana do modelo de residencias que se ten desenvolvido nas últimas décadas.

  • E na segunda parte, introduciremos unha análise inicial sobre as prácticas urbanas autónomas ou informais das persoas maiores centrada en cinco casos moi populares: sentarse na entrada da casa, reunirse na marquesiña do bus, mirar obras, alimentar e coidar animais liminares e cultivar hortas.

O seminario forma parte da materia Cambios Sociodemográficos e Territoriais do Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) da Universidade da Coruña e está organizado polo profesor Carlos Diz, ao que lle agradecemos moito a invitación.




A sesión non quedou documentada, pero compartimos a continuación as imaxes empregadas. As da primeira parte se poden consultar na páxina web do proxecto sobre as residencias de maiores na área urbana da Coruña, e as da segunda son as seguintes:


Descarga das imaxes / PDF / 58 MB


Sin comentarios

Sin comentarios todavía