site

CO URBANISMO NOS TALÓNS
Impulso dunha comunidade de aprendizaxe e práctica arredor dos territorios habitados da Coruña que o urbanismo vixente propón transformar

gif_portada_480px


Co urbanismo nos talóns é un proxecto para impulsar unha comunidade de aprendizaxe e práctica arredor dos territorios habitados da Coruña que o urbanismo vixente propón transformar.

O núcleo desta comunidade serán as veciñanzas directamente afectadas pola presión urbanística do PXOM, é dicir, aquelas que nalgún momento poderían ser desprazadas dos seus lugares de residencia por habitar en edificacións que o planeamento vixente contempla eliminar ou transformar radicalmente.

Co urbanismo nos talóns aspira a ser a fase inicial dun proceso de máis longo percorrido e xa autónomo, se así o entenden oportuno as persoas participantes.

Nesta primeira fase está sendo desenvolvido por Ergosfera, como parte do programa de proxectos de innovación social para 2017 do Co-Lab, o Laboratorio Cidadán da Coruña impulsado pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña.


MÁIS INFORMACIÓN:

Na web do proxecto, aquí

ou no Twitter, coa etiqueta #CoUrbanismoNosTalóns




PRÓXIMOS EVENTOS:


2º ENCONTRO
Sábado 16 de decembro
17:00h
Centro Cívico Eirís


cartel_encontro_20171216_blog


1º ENCONTRO
Venres 24 de novembro
19:15h
Centro Cívico A Silva


cartel_encontro_20171124_blog


comments are off for this post

Comments are closed.