«Teoría da paisaxe. Xusto recoñecemento ou nova colonización?»
Presentación nas VI Xornadas de Urbanismo e Socioloxía “Somos paisaxe”
Xoves 27 de abril / Facultade de Socioloxía (UDC)


Este xoves 27 participaremos nas VI Xornadas de Urbanismo e Socioloxía “Somos paisaxe” cunha presentación titulada «Teoría da paisaxe. Xusto recoñecemento ou nova colonización?». A charla tratará de abordar ese concepto tan difuso (e tan mediático na actualidade) de “paisaxe” a partir dunha análise crítica desde a perspectiva do proxecto Eu si quero feísmo na miña paisaxe!, un traballo de investigación sobre o territorio galego que levamos varios anos desenvolvendo de xeito intermitente.
comments are off for this post