O QUE PODE UNHA LIÑA. COMÚNS, FEMINISMOS E RURALIDADES NAS ESTRADAS-RÚA GALEGAS / Sábado 26 de novembro / Friol > A Pereira – Carballo (Lugo)
O que pode unha liña.
Comúns, feminismos e ruralidades nas estradas-rúa galegas
Sesión do Programa de estudos en mancomún que consistirá nun roteiro comentado e debatido ao longo da estrada-rúa LU-934, entre Friol e A Pereira – Carballo (Lugo). Tratarase dun percorrido, de 6,5 km aproximadamente, no que iremos comentando, describindo e documentando os elementos desta forma de urbanización xenérica en Galicia vinculados cos tres eixos do programa de estudos: comúns, feminismos e ruralidades como perspectivas de análise coas que poder entender á urbanidade das estradas-rúa, os conflictos que xera, mais tamén as súas potencialidades como estructura principal da forma na que se declinou en Galicia a cidade difusa.
¿Como se viven e quen practica os bordos destas vías? ¿Qué formas arquitectónicas promoven máis e menos posibilidades de acontecementos urbanos? ¿Poden establecerse progresións lineais de máis a menos ruralidade a medida que avanzamos polas estradas-rúa? ¿Cal é o papel dos feminismos nunha forma urbana que parece dominada polo home-branco-sano-e-motorizado? ¿Baixo que formas aparecen os comúns nuns territorios onde o público e o privado se dilúen de diversos xeitos? ¿É o impuro, o que carece dunha orde planificada, un lugar máis proclive á recaptura popular?
Materiais de traballo para a sesión:
Deixamos a continuación varios materiais que poden ser de axuda para contextualizar o territorio onde se desenvolverá a sesión. Por unha banda, unha pequena selección de gráficos e imaxes sobre o ámbito:
– Pílulas de contexto demográfico, culturas materiais e sustancia arquitectónica na estrada-rúa LU-934 / Camiño a Sobrado dos Monxes / Avenida de Santiago
Ergosfera (2016)
Por outra banda, unha selección de cartografías do ámbito de estudo provintes do PXOM do Concello de Friol (un documento aprobado inicialmente en 2013, pero aínda non aprobado definitivamente) e do Visor de Información Xeográfica de Galicia. O primeiro documento, os planos de ordenación a escala 1/5000 é a mellor cartografía atopada, polo que se recomenda levalo impreso en tamaño A4 xa que pode ser de gran axuda para a ruta.
– Planos de Ordenación – E:1/5000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol
– Ortofotografías do Voo Americano (1956-1957) – E:1/5000
Información Xeográfica de Galicia / Instituto de Estudos do Territorio – Xunta de Galicia
– Planos de Información – E: 1/2000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol
– Planos de Ordenación e Xestión do Solo Urbano e Urbanizable – E:1/1000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol
– Planos de Ordenación dos Núcleos Rurais – E:1/2000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol
– Plano dos Usos do Solo – E:1/25000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol
– Plano dos Montes Veciñais en Man Común – E:1/25000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol
– Planeamento vixente (NSP, 1987) – E:1/4000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol
E por último, información sobre o proxecto “Adaptación da LU-934 (Friol – Límite de provincia) ao plan de baixa IMD mellorada”, a última gran transformación da estrada-rúa inaugurada en xaneiro de 2015 (polo que as imaxes actuais de Google Street View, de agosto de 2012 e maio de 2014, non reflicten o estado actual do ámbito). É importante ter isto en conta porque nos permitirá avaliar directamente as lóxicas urbanísticas e políticas a través das cales se entenden e se formulan as intervencións sobre as estradas-rúa galegas na actualidade.
– Adaptación da LU-934 (Friol – Límite de provincia) ao plan de baixa IMD mellorada
* Estes materiais, sempre ao redor dos nosos temas de investigación xenéricos, son só a base sobre que esperamos construir o relato deste territorio a partir das perspectivas de análise propostas polo PEMAN: comúns, feminismos e ruralidades.
comments are off for this post