site
ERGOSFERA

JAM AO CUBO / PRÓPOLIS

jamaocuboweb1.jpg

¿CANDO?
> xoves 5 de xuño / 20:30

¿ONDE?
> própolis [rúa barcelona 115 soto]

¿QUÉ?
> 30 m2 aprox de escea, uns 150 minutos, máis ou menos, algúns watios de son, un número de xente variable, instrumentos, pinturas, ferramentas, roupas, malabares, materiais… variable en función do variable número de persoas que variablemente decidan traerse algo con eles…
> e a explorarse, improvisarse, divertirse
> para facer unha jam session total, ou o máis total que saibamos, unha jam multiplicada por si mesma, unha JAM AO CUBO
> ese cubo, ese cubo de Rubik que multiplica as súas posibilidades cando xogamos a desordealo e non a reglalo con cada cousa “no seu sitio, como D**s manda”.
> unha invitación ao xogo, a experimentación, a demostrar que todo, todo, todo se pode desenrolar nun escenario, a facer de calquer recuncho un escenario, a…
> unha proposta tan impredecible como dificil de explicar, así que o mellor será pasarse para miralo cada quen

[o xoves será a primeira desventura desta cita que se pretende repetir cada 54 días, chova ou vente... a seguinte, o 29 de xullo]

>>> BLOG PROPOLIS

comments are off for this post

Comments are closed.