ERGOSFERA |  WEB |  ARCHIVO |  FLICK-R |  SLIDESHARE |  LINKS |  VIDEOBLOG

MUAU / INTERVENCIÓNS EN SAN ANDRÉS

muau_san-andres_min

“Benvid@s a San Andrés. Se me paseades cos ollos ben abertos, en cada mirada, en cada paso, en cada esquina, en cada escaparate, veredes o voso pasado. En todos e cada un dos instantes en que me atopedes estarán o voso gozo presente e os nosos soños futuros.”

Con esta benvida, o muro situado no número 95 avisa de que a arte urbana pode falar idiomas de distintas xeracións, de distintos tempos. A Coruña fai a proba na rúa de San Andrés. EME é a artista que pintou o muro, nun dos poucos solares sen edificar que hai na rúa. A súa intervención leva por título San Andrés 1.0.

Nove estudantes da Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña comisariados por outra artista, Pequena Suricata, crearon e montaron instalacións artísticas en comercios sen actividade, espallados por toda a rúa. Arte detrás das sorpresas e das visións que conectan o novo e o vello. Recordos e fotografías de moito atrás xogan con propostas actuais máis que atractivas. Os locais que acolle as instalacións están situados no nº 12, nº 45, nº 52, nº 86 e no nº 128.

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña organiza e financia a esta intervención que converterá a rúa San Andrés no centro da arte urbana coruñesa durante o verán, xunto co MUAU, quen tamén organiza e produce. Participa tamén na organización a Asociación Zona Obelisco.

sin comentarios todavía