site

LABORATORIO SOCIAL OKUPADO AA14 _ actividades / semana 1-6 abril

01/04/08

20:00 h _ Mesa redonda presentación do proxecto sentad@s de intervención na cidade polo colectivo -ergosfera-.

O proxecto sentad@s é un intento de visibilización das posibilidades cidadáns de autoxestión do espacio público, unha forma de facer realidade no barrio a creación e a potencialidade do novo laboratorio social, e unha oportunidade para, dende unha posición constructiva, plantexar a crítica sobre o proceso de desintegración do concepto banco tanto no entorno profesional da arquitectura coma nas políticas urbanísticas das administracións locais.

02/04/08

21:00 h _ Cinema: “The weathermen underground” Sam Green & Bill Siegel, 2002.
Documental histórico que xorde oportunamente nos momentos nos que, nas grandes cidades dos Estados Unidos, igual que nos anos 60s´ e principios dos 70s´, se reúnen grandes cantidades de persoas para protestar pola inexplicable guerra nun país lonxano e o presidente que os levou alí.

03/04/08

20:00 h _ Proxección documental sobre “Casas viejas”
21:00 h _ Palestra “Casas Viejas”
Os compas de Sevilla contarán a experiencia vivida no CSO que mantivo a súa actividade durante 5 anos e que foi desaloxado a finais do 2007.

04/04/08

Obradoiro de Permacultura:
20:00 h _ Proxección: “La comida del futuro”.
O problema dos transxénicos e a empresa Monsanto.
21:00 h _ “Permacultura por un mundo libre e salvaxe”.
Introducción e debate sobre a permacultura. Deseño de comunidades humanas sostibles integradas na natureza.
22:30 h _ DJ Anabel

05/04/08

11:00 h – 18:30 h _ II Xornada de Troco Multilateral
Trátase dunha iniciativa en construción permanente, é unha ferramenta que permite intercambiar calquera cousa ou servizo entre os seus integrantes, así como facilitar cesións ou préstamos. A incorporación dunha moeda complementaria permite que os intercambios poidan ser multilaterais e non só recíprocos. A xornada se estructurará do seguinte xeito:

P R O G R A M A
11:30-12:00 Recepción-Acollida
12:00-12:15 Presentación
12:15-12:30 Xogo-Dinámica
12:30-13:00 Mercadiño de troco de obxectos
13:00-13:30 Simulacro de intercambio de servizos: coñecementos, habilidades, coidados…
13:30-13:45 Reflexións sobre os sistemas anteriores
13:45-14:00 Xogo-Dinámica
14:00-15:30 Comida
15:45-16:30 Vídeo “A dobre cara da moeda”
16:30-16:45 Presentación experiencia pioneira na Coruña: Banco de Tempo de Monelos
16:45-17:00 Presentación dunha iniciativa actual: Rede de Troco da Coruña
17:00-17:30 Simulacro de rede de troco
17:30-17:45 Avaliación
17:45- … Choiva de ideas-Coloquio (próximos pasos) + Mercadiño de
troco (opcional)

19:00 h _ Xornadas de Liberación Animal e veganismo
Palestra a cargo de compas do movemento de liberación animal + proxeccións dos documentais: “Tras el pasamontañas” e “Earthlings”
21:30 h _ Actuación Hip-hop: “Furnier” e compañía

06/04/08

21:00 h _ Cinema:

- LE TOMBEAU D’ALEXANDRE [A TUMBA DE ALEXANDRE]
(Francia-Gran Bretaña, 1993)
Dirección: Chris Marker.
Guión: Chris Marker.
Duración: 120 minutos.
Emotiva serie de sete epístolas dirixida a Alexandre Medvedkine, cineasta soviético falecido nesas datas, amigo e ídolo de Marker. Como tributo, rememórase a súa obra, faise unha viaxe pola historia do cine e evócase a extinguida Unión Soviética.

- CON UÑAS Y DIENTES
(España, 1978)
Dirección: Paulino Viota.
Guión: Javier Vega.
Duración: 98 minutos.
Unha das narracións radicais que indagan e destapan as propias contradicións do suposto espírito de consenso da transición e formula abertamente a “substitución” de poder. Localizada a trama no mundo sindical, relato das salvaxes presións que sofre un dirixente obreiro, moi influída polos coetáneos sucesos de Atocha, o gran e efémero Paulino Viota (“Contactos”, “Cuerpo a cuerpo”) filtra, mediante un sólido e depurado traballo de posta en escena, o entreguismo que conduce á perda de conciencia do proceso histórico e á vitoria do pacto integral abrollado do franquismo.


comments are off for this post

Comments are closed.