site
ERGOSFERA

archive for October, 2016

O QUE PODE UNHA LIÑA. COMÚNS, FEMINISMOS E RURALIDADES NAS ESTRADAS-RÚA GALEGAS / Sábado 26 de novembro / Friol > A Pereira – Carballo (Lugo)

o_que_pode_unha_liña_480

Máis información na web do PEMAN


O que pode unha liña.
Comúns, feminismos e ruralidades nas estradas-rúa galegas


Sesión do Programa de estudos en mancomún que consistirá nun roteiro comentado e debatido ao longo da estrada-rúa LU-934, entre Friol e A Pereira – Carballo (Lugo). Tratarase dun percorrido, de 6,5 km aproximadamente, no que iremos comentando, describindo e documentando os elementos desta forma de urbanización xenérica en Galicia vinculados cos tres eixos do programa de estudos: comúns, feminismos e ruralidades como perspectivas de análise coas que poder entender á urbanidade das estradas-rúa, os conflictos que xera, mais tamén as súas potencialidades como estructura principal da forma na que se declinou en Galicia a cidade difusa.

¿Como se viven e quen practica os bordos destas vías? ¿Qué formas arquitectónicas promoven máis e menos posibilidades de acontecementos urbanos? ¿Poden establecerse progresións lineais de máis a menos ruralidade a medida que avanzamos polas estradas-rúa? ¿Cal é o papel dos feminismos nunha forma urbana que parece dominada polo home-branco-sano-e-motorizado? ¿Baixo que formas aparecen os comúns nuns territorios onde o público e o privado se dilúen de diversos xeitos? ¿É o impuro, o que carece dunha orde planificada, un lugar máis proclive á recaptura popular?




Materiais de traballo para a sesión:

Deixamos a continuación varios materiais que poden ser de axuda para contextualizar o territorio onde se desenvolverá a sesión. Por unha banda, unha pequena selección de gráficos e imaxes sobre o ámbito:

- Pílulas de contexto demográfico, culturas materiais e sustancia arquitectónica na estrada-rúa LU-934 / Camiño a Sobrado dos Monxes / Avenida de Santiago
Ergosfera (2016)

sustancia_arquitectonica_gif

Por outra banda, unha selección de cartografías do ámbito de estudo provintes do PXOM do Concello de Friol (un documento aprobado inicialmente en 2013, pero aínda non aprobado definitivamente) e do Visor de Información Xeográfica de Galicia. O primeiro documento, os planos de ordenación a escala 1/5000 é a mellor cartografía atopada, polo que se recomenda levalo impreso en tamaño A4 xa que pode ser de gran axuda para a ruta.

- Planos de Ordenación – E:1/5000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol

- Ortofotografías do Voo Americano (1956-1957) – E:1/5000
Información Xeográfica de Galicia / Instituto de Estudos do Territorio – Xunta de Galicia

- Planos de Información – E: 1/2000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol

- Planos de Ordenación e Xestión do Solo Urbano e Urbanizable – E:1/1000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol

- Planos de Ordenación dos Núcleos Rurais – E:1/2000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol

- Plano dos Usos do Solo – E:1/25000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol

- Plano dos Montes Veciñais en Man Común – E:1/25000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol

- Planeamento vixente (NSP, 1987) – E:1/4000
PXOM do Concello de Friol (2013) / Otea Planos y Proyectos, S.L.P. – Concello de Friol

E por último, información sobre o proxecto “Adaptación da LU-934 (Friol – Límite de provincia) ao plan de baixa IMD mellorada”, a última gran transformación da estrada-rúa inaugurada en xaneiro de 2015 (polo que as imaxes actuais de Google Street View, de agosto de 2012 e maio de 2014, non reflicten o estado actual do ámbito). É importante ter isto en conta porque nos permitirá avaliar directamente as lóxicas urbanísticas e políticas a través das cales se entenden e se formulan as intervencións sobre as estradas-rúa galegas na actualidade.

- Adaptación da LU-934 (Friol – Límite de provincia) ao plan de baixa IMD mellorada

* Estes materiais, sempre ao redor dos nosos temas de investigación xenéricos, son só a base sobre que esperamos construir o relato deste territorio a partir das perspectivas de análise propostas polo PEMAN: comúns, feminismos e ruralidades.

sin comentarios