site
ERGOSFERA

archive for February, 2010

< La falta de espacio público alienta el vandalismo >

> “La falta de espacio público alienta el vandalismo”
> en Público, 10 jul 2009
Comments are off for this post

ESIXIMOS O DEREITO Á CIDADE!

manifesto_dereitoacidade

esiximos o dereito á cidade!

“O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica”

dereitoacidade.blogaliza.org

Persoas individuais, colectivos culturais e sociais, asociacións veciñais e diversos espazos da sociedade civil coruñesa queremos manifestar a nosa disconformidade rotunda, ante a aprobación inicial (unilateralmente acordada desde o concello da Coruña incluso co informe desfavorable da XUNTA) dun PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), que se materializaría na formulación dun modelo de cidade insostible, laboral, ecolóxica e socialmente falando.

Expresamos a nosa disconformidade en forma de esixencia do Dereito á Cidade. Unha cidade, a de todas e todos, necesitada de procesos de diálogo social real, recibe un plan xeral inconcreto, escuro, dificilmente comprensible e contrariamente do que se quere facer ver, cun elevado déficit no que a participación e debate cidadán se refire.

A exclusiva presenza de administracións-partidos e centros de decisión económicos privados (lobbies económicos e grande empresariado da cidade) marca a ausencia dunha formulación dialogante e participativa cunha sociedade civil activa e recoñecible (asociacións culturais e sociais, agrupacións de profesionais, asociacións veciñais, colectivos de base,..) non tida en conta e francamente ausente do proceso de creación deste importantísimo plan de ordenación municipal. Un PXOM que demarca as liñas que dentro do termo “modelo de cidade” marcarán o futuro social, económico, cultural e ambiental da cidade. Grazas ao que lemos neste PXOM o futuro desta cidade semella inconsciente e francamente en suspenso.

Que modelo produtivo (económico) impón o PXOM?

O modelo de cidade terciaria que pretende, fala dun esquema insostible e irreal laboralmente falando, no que se substitúe un sistema produtivo máis heteroxéneo e diversificado por outro baseado en dous eixos de elevado custo ambiental e difícil consolidación económico-produtiva.

Primeiro, un ilóxico tecido de grandes superficies comerciais que socavan o pequeno e mediano comercio ,entregando ás traballadoras e traballadores a elevadas doses de precariedade laboral e impoñendo á cidadanía un modelo de consumo irracional moi por riba das demandas actuais e futuras da área metropolitana.

Segundo, un porto exterior (sobre o que pivotaría segundo o PXOM e o seu autor, Joan Busquets o tecido industrial e o futuro económico da cidade) tecnicamente cuestionado por persoal experto, administracións e cidadanía, sen uns orzamentos rigorosos e realistas, e dependente do proceso especulativo da venda dos peiraos do porto industrial actual; unha venda bloqueada polo estoupido da burbulla inmobiliaria nunha cidade onde o 15% das vivendas están actualmente baleiras.

Que modelo urbano (ambiental, territorial, social..) impón o PXOM?

O PXOM fala de “restablecer a relación co medio natural” algo que vai en clara confrontación coas directrices marcadas en relación á creación de novos recheos, megainfraestruturas, ou novos polígonos industriais e residenciais.

As grandes bolsas de zonas verdes nomeadas polo Plan dependen en gran medida de concellos limítrofes, algúns dos cales xa manifestaron a súa indispoñibilidade ante as intencións do municipio capitalino.

Tamén podemos afirmar que o que se supón un dos seus eixos centrais (a creación de vivendas de protección) é fume co que tratar de lexitimar e dar un marco institucional ao proceso de formalización de polígonos urbanizables (e Convenios de última hora e dubidosa formulación) onde a especulación e a xentrificación con actores privados serán o principal elemento urbanizador dunha cidade xa tremendamente densificada.

Por outra banda, unhas infraestruturas que na realidade violentan a cidade peonil (fraccionándoa con autoestradas como a terceira rolda que a illan fisicamente) para dotar principalmente de comunicación a empresas privadas (radicadas esencialmente en grandes centros comerciais e polígonos industriais de futura construción) e apoiar un modelo de transporte onde, de seguirmos co sistema de mobilidade en uso non solucionaremos os problemas de saturación automobilística. Deberíase solucionar as carencias dunha área metropolitana sen alternativas reais de transporte público, e con hexemonía absoluta e dependencia total do vehículo particular co custo de tempo, económico, e ambiental que isto require.

Outra carencia do PXOM é o tratamento ineficiente ou vago do tecido rural; a única alternativa para os núcleos rurais existentes no termo municipal é a de ser fagocitados polo tecido urbano, sen posibilidade de hibridación e enriquecemento mutuo. No mellor dos casos vemos unha conservación dos núcleos tradicionais en tanto elementos históricos, mais destrúese ou ignórase o territorio que lles dá sentido. Por si mesmo ese territorio ten un valor cultural e ecolóxico, en tanto que son territorios sustentables sempre que se potencie, entre outros, o seu uso primario que agora está en decadencia tanto pola dificultade para poder vivir do cultivo destas terras como pola especulación do que é obxeto.

Por último, falamos dun documento que segue sen abordar a solución que dende as políticas sociais, merecen os mal chamados asentamentos marxinais, e as persoas que os habitan.

En definitiva, a cidadanía da Coruña, activa e propositiva, esiximos participar no modelo concreto (rúas, barrios, comunidades…) e xeral de cidade.

Esiximos cauces democráticos de debate participativo sobre como queremos construír o noso ecosistema urbano porque buscamos ter a oportunidade de facer desta cidade un territorio realmente habitable, sustentable e tolerante.

Esixímolo Aquí e Agora.

Comments are off for this post

XORNADAS INFORMACIÓN E REDES 2.0

carteles_xornadas-20

Hoxe e mañá terán lugar no Centro Social Atreu! as xornadas contrainformativas, Redes Sociais e Web 2.0. Vémonos alí.

Partamos dende unha realidade hoxe en día tan cotiá como incontrolable. A proliferación de datos na infoesfera (portais contrainformativos, Redes Sociais,…) é hoxe un tsunami que está a atravesar internet, a rede e polo tanto as formas comunicativas de grande parte das sociedades globais. Recapitulemos entón: o nacemento da web activa, do formato web 2.0 abriu una fenda profunda, una liña de fuga proposta e feita praxe dende lonxe do poder, que axudou ó empoderamento de subxetividades críticas que incidían nun uso cooperativo e libre das tecnoloxías da comunicación e da Rede de redes.
Polo tanto, un inicial uso multitudinario e incontrolable da web 2.0 deu paso tamén a espacios de captura inicialmente capilar, actualmente masiva, nos que os sistemas hexemónicos (gobernos, redes mercantís,…) empregaron e empregan a cooperación do colectivo como ferramenta para o control e para a xeración de recursos en chave de privada plusvalía. Aínda así, o carácter da web 2.0 segue a poñer en crise o goberno hexemónico da rede.
Voltando á realidade actual, entendemos que o mar de blogues, portais e espacios contrainformativos e comunicativos conscientes en Redes Sociais son, e fundamentalmente, van ser o elemento central na estratexia comunicativa dun futuro cada vez máis presente. A nosa intuición é xa elemento da vida común: millóns de individuos empregan de xeito cotián os múltiplos portais de autopublicación e Redes Sociais existentes e moitos destes usuarios entréganse á construcción colectiva de novas Redes máis autónomas, rebeldes e tecnolóxicamente emancipadas da hexemonía do software privativo.
No ámbito concreto das redes sociais, Facebook, Twenti, Twitter comenzan a ter en fronte propostas que dende a sociedade crítica, dende os movimentos sociais, poñen en marcha diversas experiencias de rede social máis útiles, colectivas, tecnolóxicamente sostibles e alternativas (N-1, Crabgrass, ou no caso galego, exemplos como Cabozo, Chuza, Sementeira,…).
Queremos debater entón sobre este fenómeno comunicativo (e polo tanto, político, relacional, afectivo, emotivo), poñer en claro propostas e apostas, lanzar preguntas e transitar posibles solucións ante a MetaRede que, entre cada un dos nosos terminais, estase a compoñer e recompoñer.

Comments are off for this post

VALLECAS ABIERTO: ¿CÓMO NOS VAN A AYUDAR CON SU ARTE? / Teddy Cruz + m7red + ergosfera

madrid-abierto

Durante el mes de febrero participaremos en un nuevo experimento de trabajo sobre el urbanismo desde la colaboración con los agentes sociopolíticos activos en los barrios.

Será en el distrito Puente de Vallecas (Madrid), donde colaboraremos con Teddy Cruz (San Diego) y m7red (Buenos Aires) en el proyecto “Vallecas Abierto: ¿Cómo nos van a ayudar con su arte?”, que consistirá en trabajar en conjunto con una serie de agentes y organizaciones sociales del distrito, tanto para producir otras lecturas del mismo de las que poder extraer referencias, como para posibilitar la puesta en marcha de un proyecto-intervención ya autogestionado por l@s propios vecin@s.

La presentación pública del proyecto (y del resto de intervenciones incluidas en Madrid Abierto) será el jueves 4 de febrero de 18:00 a 21:00 en La Casa Encendida (Ronda de Valencia, 2).

estudioteddycruz-m7red-ergosfera1

Comments are off for this post