Obradoiro: A vida urbana a través das súas pegadas, o traballo de campo e a cartografía / 16-10-2026 / Santiago de Compostela
Como parte dos Seminarios Formativos da AGANTRO – 2026, o próximo 16 de outubro desenvolveremos un obradoiro titulado “A vida urbana a través das súas pegadas, o traballo de campo e a cartografía”.
O obradoiro desenvolverase entre as 17:00 e as 20:00 h no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. Compártese a continuación unha breve descrición:
A vida urbana a través das súas pegadas, o traballo de campo e a cartografía
Aínda que cada vez temos máis recursos dixitais para analizar a vida dos espazos urbanos contemporáneos, a observación dos propios usos que acollen e a identificación das súas pegadas seguen a ser unha fonte de información fundamental, ás veces única, para coñecer o que acontece nas cidades. O obradoiro formulado será unha introdución ás metodoloxías e ferramentas empregadas por Ergosfera para investigar territorios e fenómenos urbanos de múltiples escalas. Tratarase así dunha explicación práctica do aprendido a través dos proxectos desenvolvidos desde 2006 na que se comentarán as posibilidades que foi abrindo o mundo dixital, as formas que pode tomar o traballo de campo e as ferramentas para a documentación gráfica e a liberación pública do coñecemento construído, especialmente desde a cartografía. Se o clima o permite, unha parte do obradoiro desenvolverase no exterior do Museo do Pobo Galego, paseando pola súa contorna en busca de elementos, prácticas e marcas urbanas significativas e con información de interese etnográfico e antropolóxico.
Pódese consultar o programa completo e facer a inscrición previa (necesaria pero gratuíta) nos catro seminarios programados este ano na páxina web da AGANTRO (Asociación Galega de Antropoloxía).
Sin comentarios
A Doca de Baiona: xeografía, infraestrutura e espazo urbano
Entre outubro de 2025 e marzo de 2026 estivemos a colaborar con ZEMOS98 no desenvolvemento do proxecto “Imaxinar A Doca, pensar o común”, un proceso participativo de mediación coa cidadanía baionesa para o co-deseño da temática dun novo mural urbano que se vai realizar na Doca, o dique de abrigo ou espigón de protección do porto e do bordo costeiro de Baiona que funciona como espazo público desde a súa construción a mediados do século XX.
A iniciativa desta intervención artístico-urbana, que comezará tras o desenvolvemento deste proceso de mediación e investigación, xurdiu a través do “convenio de colaboración para a adecuación da Doca do porto de Baiona” asinado en 2025 entre o Concello de Baiona, Portos de Galicia e a Fundación Sabadell.
O noso traballo consistiu na realización dun estudo sobre A Doca desde múltiples perspectivas (xeográfica, infraestrutural, urbana, arquitectónica, histórica, funcional e cultural), desenvolvido a partir da investigación bibliográfica e arquivística, o traballo de campo e a recollida dos saberes e imaxinarios colectivos sobre un espazo moi recoñecido e vivido pola veciñanza. Ademais, colaboramos nalgunhas das actividades participativas deseñadas e desenvolvidas por Natalia Balseiro e Sofía Coca de ZEMOS98: reunións de traballo con axentes locais de todo tipo, obradoiros e presentacións do proceso coa veciñanza e un paseo comentado pola contorna da Doca coa rapazada dos colexios de Baiona na xornada final.
A DOCA
A Doca é o dique de abrigo ou espigón de protección do porto e do bordo costeiro de Baiona, é dicir, trátase dunha infraestrutura de escala xeográfica que transformou o territorio para facelo máis facilmente habitable polas persoas e algunhas das súas actividades. Pero ademais dunha infraestrutura, A Doca é un espazo urbano vivido pola cidadanía desde a súa creación, un lugar que xa forma parte da memoria de varias xeracións de baioneses e baionesas que viviron nela experiencias importantes das súas vidas: tempos de amizade, sol, baño, pesca, paseo, clandestinidade, etc.
Debido a esta orixe e presente infraestrutural, trátase dun espazo urbano cunha forma moi singular, mais tamén cunhas condicións moi marcadas pola súa situación como parte do Monte Boi, un lugar moi especial e relevante na historia e na dinámica urbana actual de Baiona: A Doca é así un lugar en constante transformación, un espazo disputado entre os usos do mar e da terra, entre o público e o privado, e entre as actividades formais e as informais.
Neste sentido, A Doca é unha parte máis da rede de espazos públicos de Baiona: un lugar usado, lembrado e representado pola cidadanía, que participa dos múltiples procesos e conflitos urbanos que definiron a vida en Baiona no último século. Un lugar cun pasado e un presente fascinantes ao que é moi difícil facerlle xustiza desde un traballo de investigación tan limitado no tempo, pero que en todo momento foi tratado co mesmo respecto e curiosidade que se lle dedicaría á análise de calquera outra xoia urbana ou patrimonial de Baiona.
O INFORME E OS MATERIAIS GRÁFICOS
O informe final entregado como resultado do traballo, titulado “A Doca de Baiona: xeografía, infraestrutura e espazo urbano”, estrutúrase do seguinte xeito:
Un capítulo inicial de introdución ao informe e a Baiona.
Breve introdución aos contidos do informe e a Baiona como contexto no que se sitúa A Doca, tanto desde a perspectiva demográfico-turística como desde a urbano-territorial.
Oito capítulos de análise da Doca desde diferentes perspectivas:
– A baía de Baiona e A Doca como xeografía
– O porto de Baiona e A Doca como infraestrutura
– A Doca como parte da rede de espazos libres públicos de Baiona
– A Doca no contexto urbano da península do Monte Boi
– A Doca como arquitectura
– A historia da Doca
– Os usos populares da Doca
– A Doca desde a perspectiva cultural
A análise da Doca ten como obxectivo axudar a coñecer a historia e o presente dun lugar que vai ser transformado por unha intervención artística: un mural sobre un muro de case 350 metros cunha importante visibilidade desde o bordo costeiro da cidade. Porén, se ben o informe tiña como destinataria principal á persoa que deseñaría o mural (finalmente a artista baionesa Lula Goce), así como un marco establecido no convenio administrativo do que xurdiu o encargo en torno á idea de “mural con temática mariñeira”, desde un primeiro momento entendeuse tamén como un documento con vontade pública e cun interese que superase esta intervención concreta e puntual sobre A Doca. É dicir, tratouse de aproveitar a oportunidade que ofrecen este tipo de iniciativas artísticas cando incorporan procesos de mediación profesional, así como tempo e recursos para a investigación, para achegar materiais útiles para o debate sobre Baiona en xeral, partindo ademais do recoñecemento de que as próximas intervencións sobre A Doca ou a súa contorna probablemente non contarán con ningún tipo de estudo urbano previo, como adoita acontecer nas obras públicas e privadas.
Así, o estudo realizado e compartido nestes oito capítulos do informe é un intento de abordar a introdución a unha gran variedade de temas arredor da Doca para que, en conxunto, permitan ler a súa riqueza e ampliar as posibilidades de imaxinación tanto da persoa finalmente encargada de deseñar e pintar o novo mural, como dos axentes e institucións públicas interesadas e da cidadanía baionesa en xeral. Neste sentido, é preciso recoñecer unha certa dificultade na lectura desta parte do documento pola priorización do seu alcance fronte á súa finalización, xa que non foi posible rematar a documentación gráfica a tempo para a entrega: faltarían por introducir unha selección tanto das máis de duascentas imaxes históricas sobre A Doca que se recompilaron durante o proceso de investigación en hemerotecas e arquivos, como das fotografías propias realizadas durante o traballo de campo en Baiona (desenvolvido durante sete días entre novembro de 2025 e febreiro de 2026).
Por último, tamén é necesario destacar que, dado que a cuestión dos graffiti como forma de comunicación informal na cidade é un tema do máximo interese urbano, en todo momento partiuse do recoñecemento do valor dos graffiti actuais do muro da Doca como unha parte máis da súa realidade material e dos usos que acolle, introducindo suxerencias veladas á posibilidade de integración parcial dalgúns dos seus tramos ou pezas existentes na obra de arte que se formule como última fase deste proceso (e que decidirá finalmente a persoa seleccionada polo Concello para realizar o mural).
Un capítulo final sobre o proceso de mediación e participación cidadá.
A listaxe das persoas e entidades que participaron no proceso, a explicación das actividades públicas realizadas e un resumo estruturado das principais conclusións, temáticas e ideas que xurdiron nestes encontros, entrevistas, obradoiros e xincana desenvolvidas durante o proceso de mediación en Baiona.
Anexos cos materiais gráficos producidos.
O conxunto de materiais gráficos producidos está composto por diferentes tipos de documentos: a maioría son cartografías expresamente realizadas para o informe nas que se representan os diferentes contextos dos que forma parte A Doca (centradas no obxecto de estudo, pero que falan da realidade urbana e territorial de Baiona dunha forma ampla co obxectivo de que sexan útiles máis alá deste proceso de mediación); outros son gráficos realizados como materiais de apoio para o traballo individual e colectivo nalgunhas das actividades do proceso participativo (documentos máis centrados nos usos populares da Doca que permitan soster conversacións coa cidadanía sobre aspectos concretos da súa realidade material e función simbólica); e outros son materiais complementarios sobre cuestións específicas da investigación realizada, como unha liña do tempo para representar a historia da Doca como un proceso complexo e en continua transformación, ou como a documentación fotográfica dos graffiti que acollía o muro do espaldón da Doca durante o desenvolvemento deste estudo.
DESCARGAS
Moitísimas grazas a Natalia Balseiro e a ZEMOS98 por ternos involucrado neste proxecto. Estivo xenial poder participar e aprender do proceso de mediación e para nós foi unha oportunidade marabillosa para coñecer e namorarnos de Baiona (un lugar que ata este momento só interpretabamos desde o coñecemento superficial e os prexuízos), mais tamén para seguir estudando moitos temas urbanos de interese: as urbanidades galegas contemporáneas; o turismo como realidade conflitiva, pero tamén transformadora, identitaria e xeradora de cousas urbanas (como continuación dos estudos centrados en Santiago de Compostela e Benidorm); a persistencia e diversidade dos usos informais nas exterioridades urbanas; a urbanidade dos espazos de orixe infraestrutural nos ámbitos portuarios; ou a xa mencionada práctica do graffiti como forma de comunicación urbana.
Por último, agradecemos tamén moito a colaboración e a amabilidade de todas as persoas coas que nos reunimos ou falamos sobre A Doca durante o traballo en Baiona, tanto das institucións públicas máis vinculadas ao proceso (o Concello de Baiona e Portos de Galicia), como das organizacións civís e da veciñanza en xeral. E especialmente, agradecemos a implicación e a sesión de traballo que puidemos desenvolver con Anxo Rodríguez Lemos (historiador e cronista oficial de Baiona), que foi crucial para acceder a algúns datos importantes e para calibrar a escala histórica de Baiona e da contorna da Doca.
Sin comentarios
As vivendas de uso turístico no municipio da Coruña
Desde finais de 2023 estivemos a colaborar coa Delegación da Coruña do COAG realizando un seguimento cartográfico das Vivendas de Uso Turístico (VUT) no municipio da Coruña e preparando unha serie de materiais de traballo como apoio para a súa participación na mesa de diálogo sectorial organizada polo Concello da Coruña.
Os materiais producidos ata agora consistiron, por unha parte, nun informe de traballo titulado “As vivendas de uso turístico na Coruña: estado actual, análise de casos e propostas para a súa regulación” (xaneiro de 2024), realizado como documento de apoio para as sesións de estudo do grupo de traballo sobre vivenda da Delegación da Coruña do COAG; e por outra parte, nun conxunto de documentos gráficos, principalmente cartografías, sobre a situación do fenómeno na cidade realizados a partir dos datos públicos sobre as VUT a 1 de xaneiro de 2024, 2025 e 2026.
Este ano recompilamos e homoxeneizamos as cartografías realizadas ata o momento para permitir a súa comparativa. Neste sentido, é preciso recoñecer que esta observación en conxunto sería moito máis expresiva se se fixera desde 2017, que é cando comezaron a publicarse os datos do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia (REAT) elaborado por Turismo de Galicia (Xunta de Galicia), xa que a variación nestes dous anos entre as tres datas estudadas non é demasiado significativa como se pode observar no gráfico da evolución temporal do número de VUT.
Os materiais gráficos producidos ata agora como parte deste proxecto son os seguintes:
- Evolución do número de Vivendas de Uso Turístico (VUT) no municipio da Coruña
- Situación das VUT no municipio da Coruña
- Distribución das VUT no municipio da Coruña (mapa de calor)
- Distribución das prazas en VUT no municipio da Coruña (cuadrícula de 100×100 m)
- Número de VUT nas seccións censuais do municipio da Coruña
- Número de habitacións en VUT nas seccións censuais do municipio da Coruña
- Número de prazas en VUT nas seccións censuais do municipio da Coruña
- Número de prazas en VUT por cada 100 habitantes nas seccións censuais do municipio da Coruña
Un grafico xeral:
Sete cartografías de cada un dos anos analizados (2024, 2025 e 2026):
Desde a páxina web da Delegación da Coruña do COAG pódese descargar un documento que prepararon para facilitar a comparación das cartografías realizadas estes tres últimos anos:
E a continuación pódese descargar o conxunto dos documentos gráficos en diferentes formatos:
Seis anos despois da primeira inclusión nun programa político da necesidade de regulamentación das VUT e algo máis de dous anos desde a posta en marcha da mesa de diálogo sectorial organizada polo Concello, en xuño de 2025 aprobouse por fin a Ordenanza reguladora das vivendas de uso turístico da Coruña. Unha normativa coa que deuse un paso moi importante para a transformación do modelo que permitiu un crecemento continuo de VUT con cifras de incrementos anuais enormes (entre 2017 e 2024 o mínimo foi un 24 % anual). Xa a partir da terceira reunión da mesa de diálogo en outubro de 2024 comezou o estancamento do número de VUT no municipio, aínda que tras un ano e medio desde ese momento e nove meses desde a aprobación da ordenanza reguladora, o ritmo de recuperación de vivendas para o mercado do alugueiro residencial ou, como mínimo, o ritmo de desaparición de VUT da listaxe oficial do REAT, non parece que se corresponda coa realidade normativa vixente.
A cuestión das VUT segue a ser polo tanto un tema de traballo relevante para conseguir que o consenso social e político sobre a necesidade da súa regulamentación sexa máis amplo, xa que a ineficacia por agora da nova normativa da Coruña parece estar causada en gran medida por unha vontade municipal limitada na súa aplicación e, sobre todo, pola falta de apoio da Xunta de Galicia. Así, aínda que o impacto das VUT no acceso popular á vivenda (pola redución do parque de viviendas dispoñible para alugueiro residencial e polo incremento xeral dos prezos da vivenda en alugueiro) é xa un consenso científico e incluso xurídico (non político), os impactos do fenómeno son varios (na convivencia nos propios edificios, na vida urbana dos barrios sobresaturados ou nas economías públicas e privadas da cidade) e, polo tanto, tamén son diversas as perspectivas desde as que se poden analizar as VUT.
Os materiais aquí compartidos son só unha pequena achega ás cuestións cuantitativas máis básicas para comprender o fenómeno e facilitar que xurdan outros estudos e proxectos sobre as vivendas de uso turístico na Coruña, tanto a nivel institucional como veciñal, popular ou activista.
Moitas grazas a Ruth Varela e a Emilio Rodríguez (presidenta e secretario da Delegación da Coruña do COAG) pola oportunidade de colaborar neste proxecto e, sobre todo, por poñer a unha institución tan relevante a traballar nos asuntos urbanos conflitivos e con impacto social, posicionándose ademais dun xeito que permite percibir ao COAG como unha institución ao servizo do interese xeral e non só do gremial.
E moitas grazas igualmente a Benedito Álvarez, tanto pola súa constante dispoñibilidade para a consulta de todo tipo de dúbidas sobre cuestións urbanísticas e xurídicas, como polo enorme traballo de difusión dos datos públicos a da problemática das VUT que ven desenvolvendo estes últimos anos a través das súas redes sociais.
Sin comentarios
“Intensidad urbana y destellos de magia entre búrguers, gasolineras, aparcamientos y descampados” / Contribución al libro “Comunidades y periferias. Contra-historia del paisaje, 2” (Abada, 2025)
“Intensidad urbana y destellos de magia entre búrguers, gasolineras, aparcamientos y descampados” es nuestra pequeña contribución al libro Comunidades y periferias. Contra-historia del paisaje, 2 (Abada, 2025), una publicación que surge a raíz del seminario homónimo celebrado en A Fonsagrada en septiembre de 2023 y que está editada por María Gil, Miguel Anxo Rodríguez y Yolanda Pérez como parte del grupo de investigación DEPARQ (Universidad de Santiago de Compostela).
Nuestro capítulo es una pequeña introducción al proyecto Magia posmoderna en Carabanchel. Comunidades subalternizadas, periferias urbanas y espacios globales, un trabajo realizado por Ergosfera en 2023 que aquí se resume a través de un breve texto y una selección de 16 fotografías, dos de cada uno de los ocho apartados en los que se divide el proyecto: Límites y elementos urbanos del ámbito de estudio; Estancias territorializantes; Formas de residencia sin vivienda; Espacios de intimidad; Culturas del automóvil; Movilidades fuera de plano; Entrecruzamientos humanos – no humanos; y Materalizaciones de la basura.
Toda la información y los materiales producidos como parte de este proyecto se pueden consultar y descargar en su página web. Y el libro, que cuenta con contribuciones interesantísimas, se puede conseguir en bibliotecas, librerías y desde la página web de Abada Editores.
Aunque el artículo escaneado se puede descargar aquí, compartimos a continuación las fotografías publicadas en color y mejor calidad:
Tres adolescentes que quedan a diario en el Burger King de la calle Hilario Herranz y que por lo general utilizan sus servicios (mobiliario, wifi, aseos, autoservicio de bebidas, etc.) de manera informal, sin necesidad de consumo. Carabanchel (Madrid), 28/06/2023 (19:33).
Cola en la tienda de conveniencia de la estación de servicio BP de la autovía de Toledo (A-42), un lugar vibrante y nodo metropolitano en términos de actividad urbana y posibilidades de socialización durante las horas de la madrugada. Carabanchel (Madrid), 16/07/2023 (01:23).
Reuniones tipo pícnic en los espacios públicos de la calle Hilario Herranz, fundamentalmente de la comunidad gitana, con sillas, mesas y comida/bebida, muchas veces de los locales de comida rápida que también aportan los aseos o el wifi. Carabanchel (Madrid), 07/07/2023 (22:56).
Reuniones tipo pícnic en la estación de servicio BP de la autovía de Toledo (A-42), fundamentalmente de jóvenes motorizados, con sillas y consumiendo productos de la tienda de conveniencia o del Burger King situado en la misma parcela. Carabanchel (Madrid), 08/07/2023 (01:04).
Microinfravivienda instalada en un tubo de hormigón abandonado en 2004 en el gran descampado entre las calles Juan Mieg y Halconero del Rey, donde vive una persona (M.) desde 2021, pero que ya era utilizado como vivienda desde 2017/2018. Carabanchel (Madrid), 17/06/2023 (18:04).
Camión-vivienda aparcado en la calle Juan Mieg, una práctica habitual en este tipo de territorios donde es común la presencia de grandes vehículos (camiones, camionetas y caravanas) en los que parecen vivir personas de forma permanente. Carabanchel (Madrid), 12/07/2023 (16:39).
Vehículo con una pareja en su interior en el aparcamiento exterior del cementerio Sur, un lugar que acoge múltiples usos diurnos y que se transforma en un gran nodo-picadero de acceso motorizado y escala metropolitana durante las noches. Carabanchel (Madrid), 30/06/2023 (00:58).
Pareja en un banco público desplazado y situado en el punto más alto de la colina del parque de la Volatería, una topografía artificial muy utilizada popularmente como picadero donde se documentaron múltiples restos de preservativos. Carabanchel (Madrid), 09/07/2023 (22:58).
Zona de reunión habitual de jóvenes aficionades al motor en la parte trasera de la estación de servicio Low Cost Repost de la calle Hilario Herranz, una instalación automatizada (sin personal) que acoge usos nocturnos de gran intensidad. Carabanchel (Madrid), 16/07/2023 (03:09).
Reunión de una decena de taxistas en el interior de la estación de servicio BP de la autovía de Toledo (A-42), una zona de estancia habitual de jóvenes y trabajadores del transporte (Taxi y VTC) charlando alrededor de los vehículos. Carabanchel (Madrid), 26/06/2023 (03:35).
Mujer subiendo por un camino trazado por el paso popular hacia la zona de aseos informales tras los arbustos a media ladera en la colina del parque de la Volatería, que no dispone de instalaciones públicas a pesar de su uso masivo. Carabanchel (Madrid), 17/06/2023 (20:31).
Tres adolescentes en el autoservicio del Burger King de la autovía de Toledo (A-42) tras hacer la cola entre los vehículos, ya que es de los establecimientos de comida rápida que permiten el pedido a pie, en patinete o en bicicleta. Carabanchel (Madrid), 10/07/2023 (02:09).
Gran gatera-urbanización junto al cierre del tanatorio Sur, compuesta por 15 casetas en hilera autoconstruidas con diferentes materiales, formatos y tamaños, la mayoría con un palé como base y con un camino paralelo de losetas cerámicas. Carabanchel (Madrid), 18/06/2023 (17:46).
Conejera entre el tanatorio Sur y la autovía de Toledo (A-42), una zona de vertido de escombros y basura que conformó una microtopografía de montículos sobre la que creció un gran árbol y que hoy está horadada por multitud de madrigueras. Carabanchel (Madrid), 28/06/2023 (20:24).
Basura de envases y desperdicios de comida rápida en un banco de la calle Hilario Herranz, un elemento omnipresente que muestra la relevancia de estos establecimientos en los usos urbanos que acogen este tipo de territorios periféricos. Carabanchel (Madrid), 07/07/2023 (01:51).
Más preguntas que respuestas en la calle Ildefonso González: conjunto formado por dos cajas de cartón, los restos de un pájaro desplumado, un adoquín o piedra similar, un brick de vino, una lata de cerveza y un paquete de tabaco. Carabanchel (Madrid), 28/06/2023 (20:46).
Sin comentarios
Exposición “A Coruña Porto Negreiro” e cartografía do proxecto “A Coruña entre memorias”
Hoxe xoves 18 de decembro inaugúrase no MUNCYT a exposición A Coruña Porto Negreiro, unha mostra sobre a memoria colonial e escravista da cidade que forma parte do proxecto A Coruña entre memorias: Historia, colonialismo e identidade dirixido por Cristina Botana e Zinthia Álvarez Palomino.
Estes últimos meses estivemos a colaborar no proxecto nos traballos de investigación histórico-urbana e no deseño e desenvolvemento dunha cartografía dixital coa que compartir os resultados acadados ata o momento.
Para nós está a ser un traballo interesantísimo que nos permitiu descubrir e revisar moitos materiais documentais e cartográficos sobre a cidade e coñecer máis en profundidade o proceso de transformación urbana da Coruña nos séculos XVIII e XIX. A partir da identificación dos personaxes e das grandes familias relacionadas coa trata e o negocio colonial, así como das persoas escravizadas que viviron na cidade e das que se dispón de documentación nos arquivos, cartografiáronse os elementos que conformaban o contexto urbano desta realidade: os equipamentos, as infraestruturas, as casas comerciais, as vivendas ou os espazos sociais nos que se inscribían as prácticas coloniais na Coruña.
Unha representación que, ademais da súa funcionalidade para a divulgación e a investigación histórica, ten obxectivos plenamente vinculados co presente: identificar e recuperar a memoria colonial materializada na cidade contemporánea; visibilizar os fíos condutores entre os nomes e clases sociais dominantes no pasado cos do presente; e posibilitar unha análise da actualidade desde a súa comparativa cun periodo histórico, non tan lonxano, pero onde as relacións entre os poderes públicos e privados coa cidade e o espazo urbano pódese xa estudar con perspectiva.
A inauguración da exposición será hoxe xoves 18 ás 19:00 h no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña. Vémonos por alí!
Onte veu moita xente á inauguración da exposición no MUNCYT (que será visitable ata febreiro de 2026) e xa están operativas a páxina web e a cartografía dixital do proxecto:
E nesta entrevista ás directoras de A Coruña entre memorias, Cristina Botana e Zinthia Álvarez Palomino, pódese profundizar máis nas orixes, os obxectivos e o desenvolvemento do proxecto: “Non queremos facer un xuízo a ningunha familia, o tráfico de escravos en Galicia foi sistémico” (Praza.gal, 19/12/2025).
Sin comentarios
Roteiro “Agra: barrio de coidados” / 29-11-2025
Este sábado 29 participaremos no roteiro “Agra: barrio de coidados” xunto a Zinthia Álvarez e Xurxo Souto. Unha actividade de balde, organizada por Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, na que comentaremos algunhas das cuestións sociourbanísticas que fan hoxe tan interesante á Agra do Orzán.
Ademais do formulario de inscrición e da información básica sobre o roteiro, paga a pena botarlle un bo ollo á páxina web e aos materiais producidos como parte do fantástico proxecto “Agra: barrio de coidados”, coordinado por ASF Galicia e desenvolvido xunto a outras organizacións sociais e académicas desde 2023.
Sin comentarios
Mesa redonda “Dereito á vivenda na Coruña” / 09-10-2025 / A Revolteira (A Coruña)
Este xoves 9 de outubro participaremos na mesa redonda Dereito á vivenda na Coruña, organizada por O Salto Galiza no centro social A Revolteira (rúa da Falperra 13, A Coruña).
A mesa, que comezará ás 19:30 h, estará conformada ademais por dúas iniciativas populares de enorme interese no contexto da crise actual do acceso á vivenda na cidade: a cooperativa de vivenda colaborativa Outra Forma de Vivenda e o Sindicato de Barrio e Brigada de Inquilinas da Falperra / Os Mallos.
Pola nosa banda, intentaremos facer un repaso ao conxunto de temas, problemas e iniciativas que se teñen debatido nos últimos tempos arredor da cuestión do acceso á vivenda, a maioría deles introducidos polos diferentes movementos sociais e cidadanía crítica que desde xa hai máis de vinte anos levan traballando por un modelo máis xusto e racional que asegure de xeito efectivo o dereito á vivenda:
– Desde a perspectiva da creación de vivenda nova: a idea dun parque público de vivenda en alugueiro, as cooperativas de vivenda en cesión de uso, a reformulación das formas de colaboración público-privada para construír vivenda asequible, os estándares de vivenda protexida nos novos desenvolvementos urbanos, o papel da vivenda libre, a especulación co solo en ámbitos urbanizados, a escala dos solos e bens patrimoniais públicos en desuso, os límites do proceso constructivo (custo, tempos, traballadores, materiais, tecnoloxías e xestión administrativa), etc.
– E desde a perspectiva da recuperación de vivenda existente: o retorno ao mercado da vivenda de uso turístico, as posibilidades que abriría a mellor conceptualización e a identificación precisa da vivenda baleira, a regulación dos prezos do alugueiro que permite a lei de vivenda nas “zonas de mercado residencial tensionado”, os éxitos e fracasos dos sistemas de axudas á rehabilitación, os procesos de expulsión residencial (turistificación, xentrificación, mobbing urbanístico, etc.), a financiarización da vivenda (singularidade do mercado inmobiliario, fondos de inversión e rendismo popular), a batalla cultural en torno a ideas como a “seguridade xurídica” ou a okupación, etc.
Sin comentarios
“La escuela de calor en Ourense. Inventar la adaptación climática como un colectivo híbrido” / Presentación en colaboración con Brais Estévez en el seminario “Dispositivos ambientales: ¿Cómo hacernos cargo de los paisajes del Antropoceno?” / UOC (Barcelona) / 02-10-2025
Los próximos 2 y 3 de octubre participaremos en el seminario Dispositivos ambientales: ¿Cómo hacernos cargo de los paisajes del Antropoceno?, organizado por Tomás Criado, Pablo Alonso y Alejandro Limpo del grupo CareNet (UOC).
Nuestra presentación, realizada en colaboración con Brais Estévez y titulada “La escuela de calor en Ourense. Inventar la adaptación climática como un colectivo híbrido”, será una reflexión a partir de la experiencia de la Escola de calor: refuxios climáticos en Ourense?, un encuentro o laboratorio ciudadano para indagar sobre la adaptación de las ciudades a la mutación climática en curso organizado en 2024 por Brais Estévez (USC) y Julia Hidalgo (Université de Toulouse). Toda la información sobre el encuentro, incluidos los resúmenes de introducción a las presentaciones, se pueden consultar en la página web del seminario.
Por nuestra parte, comentaremos brevemente el desarrollo y las conclusiones de las dos actividades que coordinamos como parte de la Escuela de calor en Ourense: un paseo climático y un taller de cartografía colectiva cuyos materiales y resultados se pueden consultar en este post.
* La inscripción en el seminario es gratuita y se puede hacer a través de este enlace (hasta el 30 de septiembre).
Sin comentarios
O que persiste na noite-noite

Vinte imaxes da noite de onte nun paseo entre as 23:30 e as 02:00 h en busca da vida urbana e as luces persistentes da Coruña durante o apagamento xeral da península ibérica.
Unhas notas da experiencia:
– O incrible impacto dos locais de hostalaría con xente no interior ou nas terrazas (observáronse dous abertos ao público e cinco con reunións que parecían privadas pero visibles desde a rúa): auténticos oasis de comunidade que interrumpían a escuridade e o silenzo coa civilización. A vontade de pasar esta excepcionalidade non só en compañía, senón en común ou en público, de todos os cidadáns que estaban nestes lugares tomando algo, falando, rindo, xogando ás cartas ou escoitando a radio, facía habitable unha zona da cidade delimitable exactamente polo alcance das súas luces e sons.
– Aínda que se observou algo de actividade na praza de María Pita (un grupo de xente con mesa e cadeiras tendo unha reunión-pícnic no medio da praza), no Obelisco (nos bancos fronte ao edificio da Once, o único coa iluminación habitual e cunha potencia como para habilitar o uso do espazo público ao seu arredor) ou nas praias do Orzán e Riazor (onde varios grupos de xente nova reuníanse fronte á impoñente paisaxe da baía estrelada), o lugar onde se observou unha actividade social máis intensa foi sen dúbida a praza das Conchiñas, onde se reunían decenas de pequenos grupos de persoas arredor da linterna dun teléfono e desde onde se xeraban uns fluxos de xente relevantes (mínimos nun día normal, pero extraordinarios durante un apagamento xeral) que eran perfectamente percibibles nas rúas dos arredores: As Conchiñas era así un auténtico nó urbano co que onte non se podían comparar espazos da máxima centralidade como a praza de Pontevedra. Se ben durante todo o paseo víronse varios vehículos policiais polas rúas, esta praza foi ademais o único lugar onde se observou a entrada dun deles facendo o que parecía unha rolda de control e parando para falar con algunha persoa por motivos descoñecidos: ao fío da polémica comparativa de hai uns días en #LaVozMiente, en termos de control policial ás persoas aparentemente de orixe migrante, si hai similitudes entre Lavapiés en Madrid e os barrios entre as roldas na Coruña.
– A xenerosidade da vida urbana no Agra do Orzán tamén se explicitaba no feito de que, aínda que en case todos os barrios atravesados víanse persoas asomadas ás fiestras e balcóns (o espazo público como entretemento -de novo-, o que sempre achegaba urbanidade, seguridade e riqueza á experiencia urbana), só neste barrio observáronse múltiples interactuacións entre as persoas que miraban e as que pasaban pola rúa: chamadas nai-filla para que volva a casa, iluminacións con linternas ou focos potentes (tanto desde a rúa para que abran a porta ante a falta de chaves e timbre, como desde os edificios para iluminar a rúa ante o paso de peóns), comentarios de ánimo ou de broma pola situación extraordinaria (que representaban e reforzaban a idea de que se estaba a vivir algo colectivo), sons de conversacións desde as casas coas fiestras abertas (que sen o ruido de fondo urbano acadaban unha nitidez moi alta), xente falando directamente de ventá a ventá, etc. Ante a inexistencia e a invisibilidade da actividade urbana na cota cero, as tenues luces das vivendas e a xente asomada facían que as tres dimensións da cidade foran moito máis explícitas, adquirindo unha condición non só formal senón sobre todo social.
– Ademais da Torre de Hércules, como gran punto lumínico de estabilidade histórico-urbana percibible desde moitos barrios da cidade, e varios edificios portuarios, que tamén representaban ao público nesta situación extrema, as únicas luces en funcionamiento e cun impacto de escala urbana eran as dos sinais dos aparcadoiros subterráneos, xa que estaban presentes nalgún punto en case todos os barrios atravesados, co que esta singularidade, ao estar distribuída pola cidade, percibíase como un elemento de rango público. Neste sentido, tamén en relación á mobilidade é reseñable que a forma de iluminación principal nas rúas eran os vehículos que, ao seu paso, desprazaban os momentos de visibilidade pública pola cidade.
* A mala calidade das fotografías derívase de que foron realizadas co teléfono móbil (un Redmi Note 12 Pro) e sen ningún sistema de estabilización, de aí que non se poidan compartir moitas outras imaxes nas que é imposible percibir nada aínda que documentaban o resto de situacións comentadas nas notas.
** Mapa do percorrido realizado, aquí.
Sin comentarios
ROTEIRO POLA CORUÑA como parte das I Semanas Metodolóxicas en Ciencias Sociais – Da innovación ao campo / 03-04-2025
O próximo xoves 3 de abril guiaremos un roteiro pola Coruña como parte das actividades das I Semanas Metodolóxicas en Ciencias Sociais – Da innovación ao campo, organizadas polo Máster MIAS (Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social) coa colaboración da Facultade de Socioloxía, o GET (Grupo de Estudos Territoriais) e a OCV (Oficina de Cooperación e Voluntariado) da Universidade da Coruña. Moitas grazas pola invitación ao profesor da Facultade de Socioloxía e coordinador do Máster MIAS José Antonio Cortés!
MAPA DO PERCORRIDO E DAS PARADAS DO ROTEIRO
INTRODUCIÓN AO ROTEIRO
O roteiro consistirá nun percorrido de 7 km que partirá da Facultade de Socioloxía no Campus de Elviña da UDC ás 16:30 h e rematará nas Atochas sobre ás 20:00 h, tendo planificadas oito paradas nas que se comentarán as seguintes cuestións urbanas:
- A idea do transxénico (Álvaro Domingues, 2008): unha ferramenta para ler as formas urbanas periféricas como algo novo e de futuro non preestablecido.
- O lavadoiro de Lamelas ou da Braña (19XX): arquitectura da auga que fai emerxer a estrutura hidrolóxica do territorio e que hoxe subsiste en proceso de ruína como un dos múltiples casos de singularidade urbana e contemporaneidade entre as trazas preindustriais do núcleo de Someso.
- O polígono de Someso (2004-Actualidade): os tempos impredecibles do urbanismo e a experiencia do modelo Dubai na Coruña.
- O oleoduto da Coruña (1964): un espazo urbano do presente e un lugar dentro pero fóra da cidade.
- Os espazos baixo a autovía AC-14 (2015): as condicións arquitectónico-urbanas do “debaixo da ponte” e a posibilidade do sublime.
- A Agrela: un expolígono e hoxe barrio onde se materializan moitas das posibles calidades urbanas dos tecidos non residenciais.
- As igrexas evanxélicas en naves industriais: a capacidade de acollida dun territorio aberto á mixticidade urbana.
- O McDonald’s da Agrela (2010): o recoñecemento da condición pioneira e da urbanidade dos espazos xenéricos e globais.
- A última vivenda da rúa Porto Rico (1934) e as medianeiras que a acompañan (1977 e 1996): a idea do patrimonio relacional ou maquínico, composto por varios elementos que xeran unha condición urbana diferencial e con valores históricos.
- As vivendas da Agra dos Mallos (1920, 1930, 1940 e 1953): un conflito urbanístico derivado dunha interpretación anacrónica da modernidade.
- Os Mallos: un barrio popular en proceso de transformación onde se teñen experimentado múltiples formas de violencia urbanística.
- O territorio entre as roldas: as migracións e a súa pegada urbana como elemento chave da riqueza e da idea de gran cidade.
- A avenida dos Mallos: mestura tipolóxica e outras condicións de grandeza urbana.
- O edificio Trébol (1975): achegas urbanas desde a complexidade formal e programática dos espazos privados de acceso público, xa sexa este continuo (galerías comerciais interiores e plataforma-retranqueo cara a rúa Juan Flórez) ou esporádico/controlado (plantas diáfanas intermedias e azotea).
- O futuro dos terreos portuarios da Coruña: a idea de espazo en reserva e de oportunidade continua desde a historia dos xardíns do Recheo.
- O museo da Fundación MOP (2021): impactos materiais, axencia sociocultural e hexemonía simbólica e mediática.
- O bar O Reventón (XXXX): a diferenza tipolóxica (edificio de 1902) no marco dos conflitos pola vida nocturna. >>> [00:00-03:00 h]
- O pub Área Crítica (1985-2023): cotiandade e memoria nocturna. >>> [03:00-06:00 h]
- O after La Tata (2018/19): a cidade é cidade as 24 horas. >>> [06:00-09:00 h]
P-1.- O TRANSXÉNICO E A MESTURA PERIFÉRICA
P-2.- A URBANIDADE DO INFRAESTRUTURAL
P-3.- OS TECIDOS URBANOS NON RESIDENCIAIS E OS ESPAZOS GLOBAIS
P-4.- OS NOVOS ENTENDEMENTOS DA CONDICIÓN PATRIMONIAL FRONTE Á CEGUEIRA URBANÍSTICA
P-5.- RIQUEZAS E VIOLENCIAS DOS PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN URBANA
P-6.- A ARQUITECTURA-CIDADE
P-7.- OS DEBATES URBANOS CONTEMPORÁNEOS
P-8.- A NOITE
[Un triángulo urbano calquera desde o que pensar as horas B da cidade]
Ademais destes temas concretos, en cada unha das paradas comentaráse igualmente o papel que teñen no estudo destes fenómenos e realidades urbanas visitadas cuestións metodolóxicas como a observación redundante durante o traballo de campo; o contacto coa cidadanía de xeito informal, en espazos de reflexión colectiva ou a través de procesos participativos máis complexos; os estudos históricos desde o contexto sociocultural, a autoría técnica, a propiedade catastral ou as planimetrías e ortofotografías históricas; a búsqueda de información nas hemerotecas e outras fontes contemporáneas como as redes sociais, as plataformas de IA xenerativa ou os portais de transparencia; ou a cartografía e a fotografía como ferramentas básicas de documentación urbana.
Sin comentarios
INNOVACIÓNS URBANAS DESDE FÓRA DAS GRANDES CIDADES / 5 e 12 de febreiro de 2025 / Sede do COAG, Santiago de Compostela
Os dous próximos mércores 5 e 12 de febreiro participaremos no módulo Renovación Urbana e Rexeneración Urbanística do Curso Superior de Técnico de Urbanismo que se está a desenvolver en Santiago de Compostela organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).
A nosa participación consistirá na coordinación dun obradoiro titulado INNOVACIÓNS URBANAS DESDE FÓRA DAS GRANDES CIDADES GALEGAS: dúas sesións de traballo colectivo nas que se pensará desde unha mirada optimista sobre os territorios que adoitan quedar fóra do foco do debate urbano e que, cando entran, é normalmente desde unha perspectiva crítica e improdutiva que prioriza ideas como a do denominado “feísmo“. Traballarase así co obxectivo de abrir a conversa pública sobre as urbanidades galegas non centrais, hoxe moi limitada tras máis de dúas décadas de insistencia gubernamental e mediática arredor desa lóxica estética e paisaxística, polo que sempre parece atravesada por dúas ideas: a nostalxia do estado das cousas representado na ortofotografía do Voo Americano Serie B (1956-1957) e o anhelo dun só futuro imaxinable que sexa homologable ao percibido nos modelos veciños de Portugal ou Asturias.
A hipótese na que se baseará o obradoiro é que nestes territorios tamén se están a producir culturas, obxectos e formas urbanas contemporáneas de grande interese, que non é razoable obviar e que non poden ser condenadas a unha penitencia continua ata que sexan aceptables desde a idea de orde concibida pola Xunta de Galicia-CRTVG-Corporación Voz. As consecuencias desta hipótese a nivel urbanístico poden explicarse a través da idea do transxénico traballada polo xeógrafo Álvaro Domingues, que emprega este termo para referirse a un tipo de territorios contemporáneos que non deben ser lidos como unha mestura de elementos coñecidos (como rural-urbano, natural-artificial, cheo-baleiro, etc.), senón desde a súa condición de realidades novas cuxo futuro non ten porque estar determinado polas inercias que caracterizan a cada un deses elementos inicialmente mesturados, é dicir, que a súa condición de híbridos pode servir para analizar a súa orixe, pero non as súas posibles evolucións.
A partir desta premisa, o urbanismo pode ler as posibilidades destes territorios desde o respeto ao descoñecido (o que esixe curiosidade e procura de referencias), mais tamén desde a liberdade para experimentar e imaxinar futuros non limitados polas ideas que condicionan hoxe á planificación nos grandes centros urbanos ou metropolitanos: unha mirada radicalmente moderna como para procurar a mellora de todos os estándares urbanos comparables, pero tamén decididamente posmoderna como para recoñecer racionalidades e potencialidades propias, de interese e tan lexítimas e continxentes como as das grandes cidades. Un tipo de territorios que aínda costa definir e denominar desde o pensamento e a técnica non parece razoable que teñan a obriga de transitar cara un total acoplamento ás clasificacións urbanísticas establecidas, senón que os seus posibles futuros están en disputa e o papel da arquitectura e do urbanismo non é o mesmo se o que se pretende é unicamente redimir e encauzar que se entre os seus obxectivos está tamén o de recoñecer e intensificar o hoxe descoñecido.
Nun dos últimos proxectos de investigación publicados por AMO (Countryside. A Report, 2020), pregúntase Rem Koolhaas se se poderá dar a situación de que o campo (para él un “termo manifestamente inadecuado para todo o territorio que non é urbano”) chegue a ser máis desexable que a cidade pola diversidade das súas condicións. O obxectivo deste obradoiro é manter aberta esa pregunta ampliando as formas de pensar a urbanidade, a modernización ou a axencia cidadá nestes territorios excluídos da idea de cidade da ONU-Hábitat (un mínimo de 50.000 habitantes en áreas contiguas densamente poboadas), pero marcados por unha urbanización moi intensa cuxas xoias están agardando a ser recoñecidas e incluídas nesa idea de riqueza capaz de xerar desexo.
Desenvolvemento:
O obradoiro comezou coa presentación dos materiais producidos ata o momento como parte do proxecto Eu si quero feísmo na miña paisaxe!, unha liña de investigación sobre o territorio galego contemporáneo desenvolvida intermitentemente por Ergosfera desde 2011.
A continuación e durante o resto da primeira sesión traballouse a partir dalgúns dos conceptos e realidades urbanas analizadas como parte dese proxecto, pero abordándoas desde unha serie de lugares concretos cos que tiñan relación as personas participantes no curso, xa sexa por motivos persoais, familiares, laborais ou de calquera outro tipo: un conxunto de núcleos seleccionados coa única condición de non estar situados nalgún dos municipios centrais das sete grandes cidades galegas, cuxas achegas á idea da Galicia urbana xa se analizaron (e celebraron) nos últimos anos cun enorme proxecto expositivo como Cidades no tempo (2022-2024).
Na segunda sesión traballouse na identificación dos valores urbanos existentes nos lugares seleccionados (elementos arquitectónicos, formas urbanas, condicións espaciais e xeográficas, procesos sociais, posibilidades de futuro, etc.), pensando que liberdades se disfrutan alí dun xeito diferencial, que elementos se poden asociar ao desexo de vivir nestes lugares ou que se pode aprender desde as sete grandes cidades destes outros núcleos e territorios en termos urbanos.
Nesta segunda sesión traballouse en pequenos grupos de dous a catro persoas organizados segundo as características, principalmente demográficas e xeográficas, dos lugares escollidos:
- Grupo 1.- Betanzos (A Coruña) e Verín (Ourense).
- Grupo 2.- Foz (Lugo), Noia (A Coruña) e Vilanova de Arousa (Pontevedra).
- Grupo 3.- Silleda (Pontevedra), O Rosal (Pontevedra) e Tomiño (Pontevedra).
- Grupo 4.- Viana do Bolo (Ourense).
- Grupo 5.- O Pedrouzo (O Pino, A Coruña) e Oza (Oza-Cesuras, A Coruña).
- Grupo 6.- Lourenzá (Lugo), Bóveda (Lugo) e A Veiga (Ourense).
- Grupo 7.- Mugueimes (Muíños, Ourense), A Peroxa (Ourense) e a Baixa Limia (Ourense).
- Grupo 8.- Fornelos de Montes (Pontevedra), Zas (Negreira, A Coruña), Trabado (Cervantes, Lugo) e Xendive (Boborás, Ourense).
* Moitas grazas pola invitación e pola oportunidade para seguir pensando sobre a urbanidade do territorio galego aos coordinadores do módulo, Manuel Carbajo e Ángel Panero, dúas persoas coas que sempre é un pracer traballar.
Sin comentarios
A CORUÑA PÚBLICA
Despois dun ano de traballo, compartimos o resultado inicial dun proxecto de investigación que ten como obxectivo realizar unha cartografía o máis precisa posible do patrimonio público no municipio da Coruña. Toda a información pódese consultar e descargar desde a páxina web do proxecto:
2 comentarios
O porto interior da Coruña: un espazo de oportunidade para hoxe ou para sempre? / Fórum Metropolitano (A Coruña) / 18-11-2024 (19:00 h)
Este luns 18 de novembro, a partir das 19:00 h, participaremos en Construíndo soños, un ciclo temático e mostra bibliográfica sobre arquitectura organizado pola Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, cunha presentación titulada “O porto interior da Coruña: un espazo de oportunidade para hoxe ou para sempre?”.
Introdución á presentación
O debate sobre o futuro dos terreos portuarios da Coruña é probablemente o máis importante a nivel urbano na actualidade, xa que determinará dun xeito moi significativo o devir da cidade: o impacto das decisións que se tomen nos próximos meses ou anos excederá por séculos aos ciclos políticos municipais, autonómicos, estatais e europeos. Neste contexto, esta presentación será unha achega ao debate sobre o papel do porto interior como peza clave no centro da área metropolitana da Coruña: un solo público e un espazo urbano contemporáneo de gran singularidade, a nivel local e global, que é posible interpretar de xeitos moito máis ambiciosos que os que se están a formular desde as administracións e institucións con máis voz na conversa pública.
Partindo dalgunhas das reflexións que xurdiron e guiaron o desenvolvemento da proposta PORSUPORTO (realizada en 2018-2019 xunto a Hábitat Social, Flu-or e Damián Romay para o concurso de ideas para a transformación dos terreos portuarios da Coruña), seis anos despois e nun contexto político e sociocultural moi diferente, nesta charla exporanse con máis calma, pero cunha estrutura similar, as cuestións introducidas hai uns meses na mesa do Debate sobre usos da fachada marítima (Circo de Artesáns, 08-07-2024): comezando cunha pequena explicación de porqué non cremos que sexa adecuado o uso que se está a facer na conversa pública de conceptos como “fachada marítima” ou “espazo de oportunidade” e organizando a presentación arredor da idea do mantemento do dominio público (non patrimonial) do 100% dos actuais terreos portuarios como obxectivo prioritario neste momento do debate colectivo.
Sin comentarios
V Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común / 15-11-2024 / E.T.S. de Arquitectura, UDC
Este venres 15 de novembro, entre as 10:30 e as 14:00 h na ETSAC, participaremos na V Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común – Educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento nas universidades galegas organizada pola rede Artigo9Tech, Enxeñería Sen Fronteiras e Arquitectura Sen Fronteiras.
A nosa intervención será unha presentación dos avances dun proxecto de investigación realizado desde febreiro deste ano xunto a Cristina Botana (USC) e Brais Estévez (USC), financiado pola 2ª Convocatoria de Proxectos de Investigación do “Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común”, e que consiste na elaboración dunha cartografía o máis precisa posible do patrimonio público no municipio da Coruña, un traballo aínda en proceso do que agardamos publicar os seus resultados nas próximas semanas antes de que remate o ano.
Desde esta páxina web pódese acceder ao formulario de inscrición gratuíta para a xornada.
Actualización (21-01-2025): Xa se pode consultar e descargar toda a información producida como parte deste proxecto na páxina web A CORUÑA PÚBLICA.
Sin comentarios
MIRAR FUERA PARA MIRAR HACIA DENTRO: EL MATADERO Y LA COLONIA DEL PICO DEL PAÑUELO / Taller / 07-11-2024 / Intermediae / Matadero Madrid
Este jueves 7 de noviembre desarrollaremos el taller “Mirar fuera para mirar hacia dentro: el Matadero y la colonia del Pico del Pañuelo” con la participación de Natalia Balseiro y como parte de las actividades de Intermediae / Matadero Madrid para el Centenario del Matadero.
El taller se desarrollará por la mañana, de 11:00 a 14:00 h, y por la tarde, a partir de las 18:30 h, se celebrará la mesa-conversación “Qué late aquí”, moderada por Natalia Balseiro y en la que participaremos junto a Marta Román, Raquel Congosto y Uriel Fogué.
Más información en la página web de Intermediae / Matadero Madrid y en la propia página web del proyecto.
< INTRODUCCIÓN AL TALLER >
Mirar fuera para mirar hacia dentro: el Matadero y la colonia del Pico del Pañuelo
Como inicio de la jornada Mirar fuera para mirar hacia dentro se plantea un taller que interpreta este lema a través del trabajo con el entorno urbano más inmediato del complejo de Matadero Madrid: la colonia del Pico del Pañuelo, el barrio más cercano a las instalaciones y que directamente formaba parte de la máquina urbana original que conformaba el proceso productivo (1924-1996), pues fue edificado (1927-1930) para acoger fundamentalmente a les trabajadores del nuevo Matadero y Mercado de Ganados.
Así, en términos urbanos y en un contexto de reflexión sobre la condición patrimonial del Matadero un siglo después de su puesta en funcionamiento, la colonia puede ser leída perfectamente como parte del conjunto. A través de este caso concreto, accesible y abarcable en un taller de una mañana, se pensará colectivamente sobre las relaciones e impactos bidireccionales que se han producido entre la colonia y el Matadero desde que se inició su transformación en un espacio de producción cultural contemporánea a partir de 2007.
El taller partirá de un estudio previo en el que se identificarán los proyectos artístico-culturales relacionados con la colonia del Pico del Pañuelo, especialmente aquellos vinculados directa o indirectamente con Intermediae y Matadero Madrid, pero también el resto de propuestas artísticas sobre el barrio y otros productos culturales ajenos al mundo del arte pero con un gran impacto en la construcción de su imagen popular actual, como los materiales de hemeroteca o la bibliografía científica.
A partir de este contexto sintetizado previamente, durante el taller se abordarán cuestiones como: ¿Bajo qué ópticas y a través de qué tipo de prácticas se ha trabajado con el barrio en los proyectos artístico-culturales desarrollados desde Intermediae / Matadero Madrid? ¿Han tenido algún impacto estos proyectos o la transformación del Matadero en las formas de producción de cultura popular desde la colonia? ¿Qué papel está jugando la cultura contemporánea en el barrio en relación a las realidades y conflictos representados por los campos mediático y científico? ¿Qué cambios en los usos de los bajos y viviendas de la colonia pueden estar relacionados con esta nueva función del Matadero? ¿Qué realidades y culturas presentes en el territorio han quedado fuera del radar de Intermediae hasta ahora y podrían ser campos fértiles desde los que seguir experimentando esa relación bidireccional?
El taller tendrá una duración de unas tres horas y consistirá en una pequeña presentación sobre el barrio, el contexto y los objetivos del taller (15-20 minutos, a desarrollar en el interior de Matadero) y en una dinámica que se realizará en la propia colonia durante el resto del tiempo (unas dos horas y media) y que consistirá en pasear y comentar colectivamente las cuestiones enunciadas sobre su relación con el Matadero, mientras se visitan diferentes lugares del barrio seleccionados por su vinculación con los proyectos realizados o por la singularidad de su forma urbana o de los usos y culturas populares que los habitan.
Así, en estos lugares se incluirá el diálogo con algunos de los agentes que materializan esta relación Matadero-Pico del Pañuelo, especialmente desde la perspectiva de Intermediae: sus vecines y organizaciones, las personas y colectivos que desarrollaron proyectos en el barrio y el propio personal de la institución. Una inclusión necesaria porque, además de los múltiples temas de interés que abre el estudio de los proyectos artístico-culturales desarrollados en el barrio, en el encuentro se abordarán otras perspectivas y agencias respecto a la relación Matadero-Pico del Pañuelo: ¿Qué relación tienen les vecines más cercanes con el lugar y sus actividades y qué grado de cotidianidad define a este vínculo que hace menos de un siglo era total? ¿Es una relación únicamente derivada de la programación cultural o el Matadero cumple alguna función urbano-vecinal como espacio público? ¿Tiene la colonia algún papel en las dinámicas cotidianas de Intermediae / Matadero o de sus trabajadores? ¿Qué aprendizajes, influencias o huellas en la identidad y territorialidad de Intermediae han dejado las personas implicadas y los proyectos realizados?
Además de los objetivos propios del taller, este acercamiento a los tipos de relaciones que se establecen en un territorio concreto entre proyectos, instituciones, agentes culturales y ciudadanía servirá para identificar cuestiones clave que se tratarán en la conversación y mesa de debate de la tarde: conociendo la escala metropolitana y estatal del impacto cultural de Intermediae, el interés de trabajar sobre un caso tan concreto es poder profundizar previamente en un lugar acotado en términos urbanos y de memoria para, a partir de su estudio, priorizar los temas del encuentro y matizar las cuestiones que guiarán la conversación para que sea productiva, facilitando un pensamiento colectivo que pueda escalar las reflexiones producidas desde lo particular más allá de abstracciones y generalidades.
Sin comentarios
FOTOGRAFÍA E TURISMO / Fundación Luis Seoane / 02-11-2024 / 19:30 h
Este sábado 2 de novembro, a partir das 19:30 h na Fundación Luis Seoane, participaremos na sesión de proxeccións e mesa aberta Fotografía e turismo, comisariada por Luis Díaz Díaz como parte da oitava edición do FFoco (Festival de Fotografía da Coruña), e na que tamén participarán Iñigo Sánchez-Fuarros e Elisa Gallego.
Pola nosa banda, aínda que tamén falaremos do relevante papel da fotografía na maioría dos nosos traballos de investigación ou da condición pioneira de moitos proxectos fotográficos sobre espazos urbanos sobre os que despois nos interesamos outras disciplinas, en relación ao turismo e á súa imaxe comentaremos principalmente algunhas cuestións xurdidas durante o desenvolmento dos proxectos Lo urbano y lo urbanístico, por Benidorm (2012-actualidade) e O patrimonio vivido: cotiandade e domesticidade nos tempos do turismo masivo (Santiago de Compostela, 2024).
Sin comentarios
A CIDADE QUE PODE SER: PARTICIPACIÓN E ASOCIACIONISMO NA IMAXINACIÓN DO FUTURO / Libraría NUMAX (Santiago de Compostela) / 10-10-2024 / 20:30 h
Este xoves 10 de outubro participaremos xunto a Fran Quiroga na conversa A cidade que pode ser: participación e asociacionismo na imaxinación do futuro dentro do ciclo A aldea desmedida organizado pola Libraría NUMAX (Santiago de Compostela) e comisariado por Maos Innovación Social.
A asistencia é libre e seguro que será unha boa ocasión para continuar a conversa colectiva sobre moitos dos temas traballados a finais do mes pasado no obradoiro O patrimonio vivido: cotiandade e domesticidade nos tempos do turismo masivo, tamén desenvolvido en Santiago de Compostela e centrado nun dos debates de actualidade máis transversais no presente da cidade. Un debate ao que o investigador e amigo Brais Estévez achegou hai uns días o fantástico artigo “Habitar o desencontro: Patrimonio e turismo –ou circo, goce e extimidade– en Santiago de Compostela”.
Sin comentarios
“Explorar a cidade a través das prácticas urbanas das persoas maiores” / Presentación no ciclo de seminarios HABITARES / 08-10-2024 / Facultade de Socioloxía, UDC
O próximo martes 8 de outubro, ás 16:15 h na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, participaremos no ciclo de seminarios HABITARES organizado por Carlos Diz (ESOMI e CISPAC) como parte do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) da UDC.
A nosa sesión se titula “Explorar a cidade a través das prácticas urbanas das persoas maiores” e consistirá nunha presentación e unha conversa posterior sobre os avances do proxecto Prácticas urbanas autónomas ou informais das persoas maiores, que comezamos a desenvolver a finais de 2020 e que este ano puidemos seguir traballando coas xornadas Mirar obras: a outra arquitectura espectáculo (Barcelona, 21-24 de maio de 2024). Ademais dalgúns avances puntuais sobre as diferentes prácticas estudadas ata o momento e do caso concreto traballado en Barcelona, nesta presentación centrarémonos na perspectiva de que este proxecto non é (só) un estudo sobre as persoas maiores, senón un xeito de explorar e pensar a cidade contemporánea a través das súas prácticas urbanas.
A asistencia é libre!
Actualización (25-09-2025):
Vídeo da presentación:
* No vídeo non se ven moi ben as imaxes, pero a maioría delas pódense consultar e descargar desde este post.
Sin comentarios
El patrimonio vivido: cotidianidad y domesticidad en los tiempos del turismo masivo / X Encuentro Cultura y Ciudadanía / 25-09-2024 / Santiago de Compostela
El miércores 25 de septiembre, como parte del X Encuentro Cultura y Ciudadanía, organizamos un taller en Santiago de Compostela titulado El patrimonio vivido: cotidianidad y domesticidad en los tiempos del turismo masivo, una actividad de acceso público gratuito con inscrición previa desde este formulario.
Toda la información sobre el taller se puede consultar en la página web del proyecto.
Sin comentarios
“Trabajo de campo, con Ergosfera” / Tercer episodio del podcast del blog de la Fundación Arquia
Hace unas semanas estuvimos hablando un buen rato con Antonio Giráldez y Pablo Ibáñez de Bartlebooth en el podcast del Blog de la Fundación Arquia, que bajo su dirección en el período 2024-2025 se denomina Nuevas Coordenadas.
En este tercer episodio del podcast hablamos sobre muchos temas en torno a la ciudad contemporánea a través de algunos de los proyectos de investigación que estamos desarrollando en los últimos años.
Lo han titulado “Trabajo de campo, con Ergosfera”, lo que es una alegría porque es una parte fundamental de nuestro trabajo y probablemente la más interesante y gratificante cuando podemos dedicarle el tiempo necesario.
El podcast se puede escuchar en Ivoox o Spotify y también se puede leer la transcripción de la conversación en el Blog de la Fundación Arquia.
A través de esta nueva etapa editorial estamos conociendo a mucha gente interesantísima con la que nunca nos habíamos encontrado por las redes, así que enhorabuena a Antonio y a Pablo por hacer realidad el objetivo de ofrecernos nuevas coordenadas y muchas gracias por contar con Ergosfera!
Sin comentarios











































